Congreso en Compostela sobre Taxonomía e Biodiversidade en Microbioloxía

O Grupo Especializado en Taxonomía, Filoxenia e Biodiversidade da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) celebra dende este mércores 8 e ata o venres o seu XVI Congreso na Aula Magna da Facultade Bioloxía. Esta é a segunda vez que o encontro ten lugar en Santiago, organizado polo grupo liderado polo catedrático da USC e presidente do grupo especializado dende 2015, Jesús L. Romalde.

A inauguración do congreso estará presidida ás 16.00 horas pola vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e nela participarán tamén o presidente da SEM, o profesor da Universidade de Sevilla Antonio Ventosa; o decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura; e o profesor Jesús L. Romalde.

Publicidade

A continuación, a investigadora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) Yolanda Pazos pronunciará a conferencia inaugural, que versará sobre taxonomía e diversidade de fitoplancto, con especial énfase nas especies produtoras de biotoxinas. Pola súa banda, Margarita Aguilera, da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) e da Universidade de Granada, centrará o seu relatorio en aspectos de taxonomía microbiana e seguridade alimentaria.

O programa inclúe ademais sesións que abranguen os diferentes campos nos que a taxonomía microbiana está representada, dando especial protagonismo aos novos investigadores.  Un workshop titulado ‘Art of Science Communication’ e patrocinado pola American Society for Microbiology (ASM), representada pola súa embaixadora en España, María José Figueras, completa o programa da reunión.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un congreso da UDC pon Galicia no mapa da física solar na semana da eclipse total

O astrofísico Martín Gómez Miguez explica como o valor do fenómeno cambiou co paso do tempo e a evolución das ferramentas de observación e medición.

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais