PODCAST | O difícil equilibrio das zonas bentónicas de África. Con Francisco Ramil e Marta Gil

Falamos da riqueza que existe nos fondos mariños da rexión africana co grupo EcoAfrik, que colabora desde hai anos na regulación de áreas protexidas

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Francisco Ramil e Marta Gil, integrantes do grupo EcoAfrik. O seu labor céntrase especialmente na exploración dos ecosistemas bentónicos africanos, nos que aínda quedan moitas especies por descubrir, mais tamén en lograr manter o equilibrio entre a protección destes e a súa explotación polo sector pesqueiro.

Precisamente, un dos problemas que sinalan nesta conversa é que a pesca tradicional que sustenta ás poboacións locais está sendo ameazada polos barcos industriais de grandes empresas estranxeiras, prexudicando dobremente á economía local e á conservación dos ecosistemas.

Publicidade

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O alumnado sénior da UVigo convértese en embaixador da ciencia en cafetarías de Pontevedra, Vigo e Ourense

Estudantes do Programa Universitario de Maiores impartirán charlas divulgativas en locais de encontro das tres cidades galegas

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Tecnoloxía galega e vasca moderniza a pesca costeira do bonito

Un grupo da UVigo e do centro tecnolóxico Leartiker desenvolve solucións para reducir o esforzo dos pescadores e mellorar a eficiencia do proceso