Charla sobre as aves mariñas e os procesos ecolóxicos das Cíes

As aves mariñas son unha das bases da riqueza do ecosistema das Illas Cíes. A súa actividade determina moitos aspectos da flora e da fauna e procesos ecolóxicos no arquipélago, tal e como demostran decenas de estudos realizados alí. Para poñer de manifesto esta importancia, a candidatura que impulsa ás Cíes cara ao Patrimonio da Humanidade da Unesco celebra este mércores unha nova charla divulgativa no Mercado do Berbés.

A actividade, de acceso libre e gratuíto, comezará ás 20.30 horas deste mércores 24. Baixo o título “Aves mariñas e procesos ecolóxicos nas Illas Cíes”, intervirán Alberto Velando, investigador do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, e Carlota Barañano, do Comité de Candidatura das Illas Cíes ao Patrimonio da Humanidade.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

A espectacular expedición científica para observar aves que acabou cunha ameaza global por hantavirus

O ornitólogo galego Ricardo Hevia viaxa no ‘MV Hondius’ seguindo as pistas da pardela de lentes, unha ave mariña que aniña unicamente nunha illa remota do Atlántico

Restaurar o patrón natural dos lumes axudaría a conservar os ecosistemas e evitar incendios perigosos

Un equipo trata de recuperar o comportamento tradicional dos incendios coa axuda da biodiversidade para reducir os riscos

Un proxecto galego revela os descoñecidos movementos das aves mariñas con tecnoloxía GPS

Os resultados achegan novas claves para a conservación das especies e a súa convivencia coa actividade pesqueira, en busca de medidas adaptadas