Charla en Ferrol da bióloga Inmaculada Romero sobre as especies invasoras

A Biblioteca Municipal de Ferrol organiza este xoves, 6 de abril, ás 19.30 horas, unha nova conferencia do seu ciclo ‘Imos contar a ciencia’. A protagonista será a doutora En bioloxía Inmaculada Romero, profesora da Universidade de Santiago, quen falará de: “Ameazas á biodiversidade: as especies exóticas invasoras”.

As vindeiras citas deste ciclo serán o 10 de maio, con Vitoria Lareu, quen falará sobre as aplicacións da medicina forense, e o 15 de xuño, cando o catedrático da USC Jorge Mira explicará a que distancia está o ceo.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos de tres individuos na foxa común de Serantes 

A cata arqueolóxica coordinada por Histagra confirma a presenza dun enterramento irregular que podería acoller preto de 200 vítimas da violencia golpista

Achada no Castro de Esemelle unha peza dun colar con posible orixe na illa grega de Rodas

A escavación, impulsada pola UDC e o Concello de Ferrol, tamén sacou á luz fragmentos dunha vaixela con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

Cando as mascotas devoran a biodiversidade: un conflito sen regular na Unión Europea

A falta de regulación na UE converte aos cans e gatos nunha ameaza para a fauna silvestre e a biodiversidade

Ailanto, estrela de fogo e eucalipto: as 60 especies que ameazan a biodiversidade galega

Un proxecto colaborativo lanzado dende a SGHN reúne datos de máis de 26 autores no 'Atlas da Flora Exótica Invasora' para frear a súa expansión e protexer os ecosistemas