Sábado 13 Xullo 2024

Atopan os restos dos primeiros poboadores galegos, de hai 300.000 anos

Hai case 300.000 anos, Galicia comezou a ser poboada polos humanos. Así o demostrou a tese doutoral presentada por Eduardo Méndez Quintas no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH). A investigación rachou con algunhas crenzas previas sobre os primeiros asentamentos e confirma a presenza humana no Pleistoceno.

A investigación trataba de solucionar o reducido coñecemento do poboamento humano durante o Pleistoceno Medio no Noroeste peninsular que en ocasións se considerou atípico e anacrónico no contexto da Europa Occidental. “A esta problemática non axudaron as conclusións presentadas sobre as investigacións desenvolvidas durante os anos de 1960 no xacemento de Gándaras de Budiño (Pontevedra)”, explicaba Méndez Quinta, “pois non fixeron máis que lastrar o futuro da investigación desta etapa da Prehistoria en Galicia”.

Publicidade

Traballos en Porto Maior.
Traballos en Porto Maior.

A tese doutoral superou esta problemática inicial coa formulación dunha secuencia de poboamento humano equiparable en cronoloxía e en características tecnolóxicas ao resto da Península Ibérica. A clave estivo nos depósitos do Pleistoceno da conca baixa do río Miño e a correlación de xacementos con tecnoloxía achelense a estes depósitos.

A investigación constatou a existencia de importantes xacementos, como os de Porto Maior e Arbo, os cales foron escavados no contexto deste traballo. Estes xacementos cubrirían un rango cronolóxico comprendido entre os 300.000 e 100.000 anos e serían as evidencias ben datadas máis antigas de presenza humana en Galicia. As datacións foron realizadas mediante Luminiscencia, e mediante o método de Resonancia Paramagnética Electrónica nos laboratorios do CENIEH.

Publicidade

No xacemento de Porto Maior, cunha cronoloxía comprendida entre os 270.000 e os 240.000 anos, identificouse o único caso coñecido en Europa de escenario de ocupación caracterizado por grandes acumulacións de configurados achelenses (LCTs) e o máis antigo de Galicia.

O traballo conecta o poboamento de Galicia co de África e Oriente

Ademais, o traballo engade importantes relacións e convida a reflexionar sobre os movementos da poboación humana no Pleistoceno. “Este tipo de lugares unicamente se coñecían no continente africano e en Oriente Próximo”, explica Méndez Quintas. “As características da ocupación e as condicións tecnolóxicas deste xacemento reafirman a conexión entre o achelense ibérico e africano e suscita novas preguntas sobre o proceso de poboamento humano do Suroeste de Europa durante o Pleistoceno Medio”, asegura o investigador.

Da mesma maneira, o xacemento de Arbo, cunha cronoloxía próxima aos 100.000 anos, é un dos exemplos máis recentes da tecnoloxía achelense no occidente europeo e do mesmo xeito que o xacemento de Porto Maior, inciden na problemática da coexistencia da tecnoloxía achelense e musteriense na Península Ibérica.

A tese de Eduardo Méndez Quintas foi dirixida polos investigadores do CENIEH Manuel Santonja Gómez e Alfredo Pérez González.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A insólita mandíbula atopada en China: “Non encaixa con ningunha especie coñecida”

A antropóloga galega María Martinón participa no achado duns ósos de hai 300.000 anos con características anatómicas ancestrais e modernas

Os homínidos de Atapuerca chegarían á idade adulta aos catorce anos

Investigadores da Universidade de Burgos constataron que as poboacións dos xacementos presentaban un desenvolvemento dos molares relativamente temperán

Un neno recostado delicadamente, o primeiro enterramento humano de África

* Un artigo de Unha das características máis idiosincráticas do ser...

Mtoto: o neno enterrado en Kenya hai 78.000 anos

A paleoantropóloga galega María Martinón Torres asina o artigo que leva na portada a revista "Nature", que describe o achado nun xacemento de Kenia