Oncomet, unha campaña de éxito con medio millón en doazóns

Todo un éxito. A campaña de mecenado para investigar na biopsia líquida do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago superou os seus obxectivos. Pedían medio millón de euros en doazóns. E pecharon a iniciativa ás 00.00 horas do mércores 12 de abril cunha recadación total de 548.178 euros.

Oncomet foi unha das novas do ano con esta campaña novidosa en Galicia, que se saldou cun grande apoio popular e que estivo presente en lugares tan dispares como os partidos de fútbol do Celta e do Deportivo. Nin en Galicia nin en España había costume de que os grupos de investigación médica pediran axuda á sociedade para financiar os seus estudos. Unha das claves do seu éxito foi a natureza da súa técnica, anunciada como unha revolución na loita contra o cancro, que só en Galicia causa máis de 8.000 mortes cada anoRafael López López, director da investigación, salientaba en entrevista con GCiencia que “apoiar a biopsia líquida é investir en nós mesmos”.

Publicidade

A recadación destínase á compra de tecnoloxía, a contratar persoal e a aplicar avances a través da análise de mostras de máis de 300 pacientes galegos, sobre todo de cancro de colon e mama.

O obxectivo perseguido por Oncomet é “desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores mediante mostras de sangue (Biopsia Líquida) de pacientes oncolóxicos de Galicia, co obxectivo de estudar a súa evolución e obter información sobre os mecanismos polos que se produce a metástase ou se desenvolven resistencias aos distintos tratamentos”.

Publicidade

En concreto, estes investigadores buscan marcadores que proporcionen información sobre o tratamento que é mellor escoller e en que momento os pacientes deixan de responder a eses fármacos. Tamén buscan marcadores que permitan diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns. A biopsia líquida é unha das principais liñas de investigación internacionais para avanzar contra o cancro.

Máis de 4.000 persoas fixeron doazóns na campaña de Oncomet. Na súa inmensa maioría foron cidadáns a título individual, aos que se sumaron iniciativas colectivas, dende carreiras populares, mercadillos ou recadacións en diferentes asociacións. O éxito deste campaña de Oncomet é un fito na historia da investigación non so en Galicia, senón en toda España, onde non hai precedentes dunha movilización como esta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Non todos os cancros son iguais: por que algúns matan máis ca outros?

A doenza "non é unha soa, senón máis de 300" que se cobran 9,7 millóns de vidas ao ano en todo o mundo a día de hoxe

“A biopsia líquida é unha das ferramentas máis prometedoras na loita contra o cancro”

O oncólogo Rafael López coordina unhas xornadas en Compostela sobre a técnica non invasiva para diagnosticar, prognosticar e seguir a evolución dos tumores

O mapa do cancro de Galicia revela as comarcas con maior incidencia

En Vigo, Lugo e Valdeorras diagnosticáronse en 2022 máis novos casos en homes, mentres que en mulleres lideran Bergantiños, A Mariña Occidental e O Baixo Miño

O cribado de cancro de colo de útero detecta máis de 40 casos en Galicia en tres anos

A Consellería de Sanidade indica que o 76% estaban en fase inicial, o que mellora as posibilidades de tratamento e supervivencia das pacientes