Atopan un novo marcador que detecta tumores indetectables ata agora

Investigadores do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) publicaron un traballo no que amosan unha estratexia que demostra o illamento de células tumorais circulantes (CTCs), as células responsables das metástases, a partir da sangue de doentes con cáncer de próstata, mama e colon metastásico. O estudo, realizado en colaboración co INL de Braga, publicouse en Plos One, unha das revistas de maior impacto do mundo.

A investigación está asinada como autora principal por Clotilde Costa, científica do IDIS, e nel tamén participan outros investigadores do grupo que dirixe Rafael López, xefe do servizo de Oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago.

Publicidade

O novo marcador detecta antes a presenza de células responsables da metástase

Segundo explicaba Clotilde Costa, “o procedemento baséase no inmunoillamento das células tumorais empregando un marcador alternativo en combinación ao marcador que se emprega de xeito estándar: este marcador, o EpCAM (unha molécula epitelial), combinouse por tanto co receptor de membrana EGFR (“Epitelial Growth Factor Receptor”).

Amais, segundo revelou o estudo, os doentes nos que se detectan CTCs positivas co novo marcador, o EGFR, presentan un peor prognóstico da enfermidade. “Polo tanto propúxose EGFR como marcador alternativo a EpCAM para o illamento destas CTCs e como marcador prognóstico de enfermidade”, explica Costa.

Publicidade

Actualmente, os métodos de illamento de CTCs baséanse nas características epiteliais destas células pero presentan limitacións, posto que as células sofren cambios na expresión dos seus marcadores durante os procesos de metástase, polo que tamén se producen cambios nas súas características que lles permiten moverse libremente polo torrente sanguíneo desde o tumor primario. Deste xeito, “facilítase” a diseminación destas CTCs.

Segundo explican desde o IDIS, ao tratarse dun proceso dinámico,  basear o illamento únicamente nunha molécula epitelial como a EpCAM limita moito a técnica, o que provoca que en algúns casos non se poidan detectar as CTCs aínda que xa estean presentes na sangue. Con este novo método, por tanto, supérase o alcance dos métodos de detección actuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977