Caen as doazóns de órganos e a taxa de transplantes en Galicia

Os doantes de órganos e a taxa de transplantes redúcense en Galicia

España mantense como líder mundial en transplante de órganos, cun novo récord: no 2014 conseguiuse o máximo histórico na cifra de doantes, con 1.682, un 1,6 % máis que o ano anterior, e no número de pacientes transplantados, un total de 4.360, co que se logra o nivel nunca antes alcanzado de 36 doantes por millón de habitantes, case o dobre que a media europea. Con todo, no balance do pasado ano non todo son luces. Galicia é unha das sombras, xa que é unha das seis comunidades nas que a cifra de doantes reduciuse en termos absolutos, para pasar de 97 no 2013 a 91 no 2014, un 6 % menos. A taxa de doantes por millón de habitantes tamén baixou ao 34,1, co que se sitúa dous puntos menos por baixo da media nacional. No ránking de hospitais con maior actividade de transplantes tampouco se atopa ningún galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional