A agrupación BioReDes abre a inscrición na súa escola de verán

O campus, centrado en produción primaria sostible e a seguridade e calidade alimentaria, celebrarase do 8 ao 12 de xullo

A Agrupación Estratéxica de Investigación BioReDes ‘Xestión e produción sustentable de biorrecursos’ do Campus Terra da USC pon en marcha unha escola de investigación de verán dirixida a estudantes  interesados na investigación sobre produción primaria sostible e a seguridade e calidade alimentaria. Este campus científico de verán desenvolverase do 8 ao 12 de xullo de 2019.

A BioReDes Research Summer School (BioReSuS 2019), tal e como se denomina esta nova actividade promovida desde a agrupación estratéxica de investigación da sede universitaria luguesa, é unha actividade para a que se ofrecen un total de 20 prazas de matrícula e que se antolla como unha oportunidade única para coñecer de primeira man os proxectos de investigación dos diferentes grupos de I+D+i agromados en BioReDes.

Publicidade

O obxectivo deste curso é fomentar o interés pola investigación nos ámbitos da produción primaria sustentable, a seguridade e a calidade alimentaria. A BioReSus 2019 pretende ademais contribuír á formación en competencias de investigación nun contexto interdisciplinar. Así, a escola de investigación de verán constitúe unha fórmula acaída para ampliar a formación a través das diversas actividades propostas e de experimentar en primeira persoa como é a vida dun investigador.

Os estudantes universitarios e as persoas xa graduadas que formalicen a súa matrícula na BioReSus 2019 terán a ocasión de asistir a conferencias e obradoiros, ao tempo que poderán realizarán visitas a centros de investigación e servizos xerais da USC. De feito, o programa desta actividade inclúe un día de actividades de investigación en Santiago de Compostela, no Instituto de Acuicultura e no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.

Publicidade

O abano de actividades programados inclúe tamén o desenvolvemento de miniproxectos de investigación multidisciplinares dentro dos eixos de investigación da Agrupación Estratéxica BioReDes. Este traballo de experimentación desenvolverase de xeito colectivo, en grupos reducidos de 2 a 4 estudantes e sempre baixo a supervisión de investigadores de diferentes laboratorios.

A BioReSus 2019 completarase con actividades sociais para favorecer a interacción entre os participantes, a fin de facilitar que coñezan as cidades de Lugo e de Santiago de Compostela desde outra perspectiva. O prazo de preinscrición estará aberto ata o 25 de xuño. A listaxe de admitidos publicarase o 27 de xuño e a matrícula poderá formalizarse entre o 28 de xuño e o 2 de xullo.

O programa da BioReSus xa pode consultarse na páxina web de BioReDes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética