Sábado 12 Xullo 2025

Alain Aspect, John F. Clauser e Anton Zeilinger gañan o Premio Nobel de Física

A Academia Sueca recoñece o traballo destes científicos polos seus experimentos de entrelazamentos de fotóns e por seren pioneiros na ciencia da información cuántica

A Real Academia Sueca das ciencias distingiu ao francés Alain Aspect, ao estadounidense John F. Clauser e ao austríaco Anton Zeilinger co Premio Nobel de Física polas súas investigacións arredor do entrelazamento de fotóns e por seren pioneiros na na ciencia da información cuántica. Os homenaxeados no campo da física en 2022 levaron a cabo experimentos innovadores utilizando estados cuánticos entrelazados, nos que dúas partículas se comportan como unha soa unidade incluso cando están separadas. Os resultados abren o camiño para novas tecnoloxías baseadas en información cuántica. O premio económico que recibirán, ademais, é de arredor de 930.000 euros.

O traballo destes científicos podería empregarse, no futuro, para aplicacións diversas como construír computadoras cuánticas, mellorar as medicións, construír redes cuánticas e establecer unha comunicación cifrada cuántica segura. Un factor chave neste desenvolvemento é como a mecánica cuántica permite que dúas ou máis partículas existan no que se chama un estado entrelazado. O que lle sucede a unha das partículas nun par entrelazado determina o que lle sucede á outra partícula, mesmo se están moi separadas no espazo. Incluso a decenas de kilómetros de distancia.

Publicidade

En que se basea este recoñecemento

Na década de 1960, John Stewart Bell desenvolveu a desigualdade matemática que hoxe leva o seu nome. Este modelo establece que se hai variables ocultas, a correlación entre os resultados dun gran número de medicións nunca excederá un certo valor. As súas teorías sinalaban que a interacción de particulas a distancia non se fundamentaba en variables ocultas. John Clauser desenvolveu e demostrou as ideas de John Bell cun experimento práctico.

Malia todo, os experimentos de Clauser deixaron incógnitas sen resolver que despois Alain Aspect e Anton Zeilinger cubriron. Usando ferramentas sofisticadas e unha longa serie de experimentos, Anton Zeilinger comezou a usar estados cuánticos entrelazados. Entre outras cousas, o seu grupo de investigación demostrou un fenómeno chamado teletransportación cuántica, que fai posible mover un estado cuántico dunha partícula a outra a distancia.

Publicidade

Grazas ao seu traballo, volveuse cada vez máis claro que está a xurdir un novo tipo de tecnoloxía cuántica. Podemos ver que o traballo dos homenaxeados con estados entrelazados é de gran importancia, mesmo máis aló das cuestións fundamentais sobre a interpretación da mecánica cuántica”, explicou durante a entrega de premios Anders Irbäck, presidente do Comité Nobel de Física.

Mañá, o Nobel de Química

Mañá día 5, entregarase o último recoñecemento científico da Academia Sueca das Ciencias: o Nobel de Química. O ano pasado, o recoñecemento levárono os investigadores David MacMillanBenjamin List por seren quen de crear “moléculas orgánicas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O próximo salto do IGFAE: un centro renovado para abordar os grandes retos da física

As súas instalacións, inauguradas en xuño, contan cun espazo de 5.200 cadrados, cunha maior superficie destinada a laboratorios punteiros

O galego que corrixiu a Einstein: “O meu estudo reabre un debate histórico”

José María Martín-Olalla propón unha alternativa a un polémico postulado da termodinámica formulado a comezos do século XX

O IGFAE estrea nova sede, un espazo para impulsar Galicia como referencia na física

O centro mixto da USC e a Xunta pretenden incrementar a súa presenza nos principais experimentos do mundo coa ampliación e renovación das instalacións

Existe a aura? Un estudo di que os seres vivos desprenden unha luz que desaparece ao morrer

Investigadores da Universidade de Calgary comproban en ratos que a bioluminiscencia dos organismos desaparece ao deixar de estar vivos