A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

Unha das principais recomendacións que se soen dar á hora de enfrontar unha tormenta eléctrica é afastarse de calquera valo metálico e desprenderse da electrónica que se leve enriba. Pero no caso dun vehículo é diferente. De feito, o interior dun coche é un dos lugares máis seguros onde nos podemos protexer dos raios.

Un raio impacta nun vehículo nos Estados Unidos | Vía @JRMotorsports

Todo se debe á gaiola de Faraday, nome que recibe o efecto polo cal o campo electromagnético no interior dun elemento condutor é nulo, anulando consecuentemente o efecto dos campos externos. Tal cal como acontece no vídeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Antía Lamas, física: “A investigación cuántica en Galicia é moi prometedora”

A científica compostelá, que traballa en Estados Unidos, dará unha charla en Santiago sobre a segunda revolución cuántica ao abeiro da Semana da Ciencia do IGFAE

O Nobel de Física premia a tres científicos que fixeron visible o mundo cuántico

John Clarke, Michel H. Devoret e John M. Martinis amosaron os efectos da física cuántica de escala microscópica á macroscópica

Pódcast | Os experimentos que marcarán o futuro da física

Escoita a conversación co investigador do IGFAE Néstor Armesto sobre o novo acelerador do CERN e o futuro Einstein Telescope

Investigadores da UDC contribúen á observación da desintegración de barións máis rara rexistrada

O científico Jeremy Dalseno foi recoñecido pola 'American Physical Society' polo seu papel na confirmación deste proceso, que ocorre unha vez cada 100 millóns de decaementos