O biólogo Arturo Menor presenta na Coruña “Barbacana”, un documental sobre o lobo

O biólogo e director de cine Arturo Menor, gañador do premio Prismas en 2014 polo seu documental WildMed, o último bosque mediterráneo, visita este sábado A Coruña para presentar o seu novo proxecto transmedia, Barbacana, a pegada do lobo. O documental, enmarcado nun proxecto educativo a través de medios audiovisuais, impresos e dixitais, busca educar ambientalmente a través do cinema. Menor falará na feira BioCultura este sábado 3 de marzo ás 18.30 horas.

Barbacana, a pegada do lobo, rodouse en parte na Estrada, onde os gandeiros contaron a súa experiencia convivindo co lobo, con técnicas de prevención para protexer aos animais domésticos. Baseándose nestas experiencias, Menor ten por obxectivo contribuír á conservación do lobo e fomentar a gandería extensiva.

Publicidade

Na elaboración do documental, Arturo Menor percorreu os montes de Pontevedra, Zamora, León e Palencia recollendo os testemuños dos pastores e gandeiros.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro