Afundación convoca un premio internacional para recoñecer a investigación educativa

O galardón, dotado con 12.000 euros, recoñecerá a persoas destacadas polas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades

Afundación, a Obra Social de ABANCA, convoca a primeira edición do seu Premio Internacional de Investigación Educativa, que se presentará este venres na Universidade de Santiago de Compostela. Será no marco do XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía e o World Education Research Association (WERA) Focal Meeting 2021, por parte do seu presidente, Miguel Ángel Santos, e o presidente de Afundación e reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet. O galardón, que está dotado con 12.000 euros e terá carácter bienal, asume como obxectivo recoñecer a traxectoria de persoas destacadas polas súas achegas á investigación en educación en calquera dos seus niveis, dimensións ou modalidades.

Tal e como se recolle nas bases, poderán optar ao premio exclusivamente persoas físicas que non poderán presentarse a título individual, senón que deberán ser propostas por entidades ou organizacións. Este galardón créase en consonancia co carácter educativo de Afundación e a súa vontade de impulsar a educación tamén como materia científica capaz de contribuír moi significativamente ao desenvolvemento das persoas e os pobos e co fomento do pensamento na práctica educativa en todos os seus niveis e modalidades, tanto formais como non formais.

Publicidade

O prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo 1 de outubro e estenderase ata o 28 de febreiro de 2023. A resolución do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa corresponderá ao xurado que se nomee para o efecto e que estará composto por cinco destacadas personalidades do ámbito educativo. Unha vez finalizado o prazo de recepción de candidaturas e analizadas as mesmas, a resolución do premio darase a coñecer en xuño de 2023 e entregarase nos meses seguintes nun acto público.

Para a valoración teranse en conta, entre outros, a traxectoria docente, a publicación de libros e monografías en editoriais de prestixio e de artigos en revistas cientificamente acreditadas así como a dirección e participación en investigacións relevantes, a organización de congresos e seminarios de relevancia internacional ou outro tipo de premios recibidos. A persoa galardoada en cada edición deberá, segundo recóllese nas bases, realizar un traballo sobre o seu ámbito de especialización.

Publicidade


As bases do premio poden consultarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento

Cinco mozas galegas defenden na ONU un sistema para protexer o mar: “Aprendemos moitísimo”

Quitina é o nome do proxecto e o material biodegradable usado polas estudantes do colexio ourensá para substituír os palillos plásticos

Román Rodríguez: “A pandemia puxo enriba da mesa a necesidade de apostar pola ciencia”

O conselleiro de Ciencia defende a aposta do Plan de Investigación polas tecnoloxías da bioloxía, cuántica e verde: “Galicia non pode ser boa en todo”