A Galiciencia 2019 celebrarase do 8 ao 10 de maio na Tecnópole.
A Galiciencia 2019 celebrarase do 8 ao 10 de maio na Tecnópole.

Aberto o prazo ata o 11 de marzo para participar na Galiciencia 2019

A feira celebrarase na Tecnópole de San Cibrao do 8 ao 10 de maio, e este ano estará centrada no tema da saúde e os bos hábitos

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole mantén aberto ata o vindeiro 11 de marzo o prazo de recepción de proxectos para Galiciencia 2019. A cita da maior feira científica de Galicia está fixada para os días 8, 9 e 10 de maio, e celebrarase nas instalacións da Tecnópole en San Cibrao. Nesta edición a saúde e os bos hábitos serán a temática central. Os proxectos relativos a este campo competirán polo premio da categoría especial do certame.

Coa apertura da recepción de proxectos iníciase o proceso de selección dos 80 proxectos cos que Tecnópole celebrará a 14ª edición deste evento. Aos 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, sumaranse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial.

Bases de Galiciencia 2019

As bases están xa dispoñibles en www.galiciencia.com, coa posibilidade de que calquera centro escolar envíe as súas propostas. Os 50 proxectos participantes na competición estarán expostos durante os tres días da feira, mentres que os de Primaria e Educación Especial poderán verse en quendas de 10 proxectos diferentes cada día. Tamén está aberta na web a recollida de solicitudes de visita para grupos por parte dos centros escolares.

Co obxectivo de garantir o acceso a unha representación diversa dos centros de toda Galicia no certame, limítase a catro proxectos a exposición por cada centro. Para participar, o requisito fundamental é formar un equipo de dous alumnos e un profesor e contar a idea, xa sexa un proxecto experimental e tecnolóxico ou un traballo documental, a través do formulario de inscrición.

Foto de familia dos premiados en Galiciencia 2018.

Os equipos seleccionados para expoñer o seu proxecto deberán achegar previamente unha presentación dixital na que se recollan os aspectos máisrelevantes da súa investigación, co obxectivo de fomentar a capacidade para resumir e comunicar de forma atractiva o seu traballo de cara á celebración da feira.

Á parte de montar a infraestrutura da feira e facilitar o desprazamento e a estancia dos participantes en Ourense, Tecnópole organiza actividades paralelas para eles e para os visitantes. Este ano haberá, entre outros, varios talleres relacionados cos aspectos científicos máis destacables da vida saudable (alimentación, actividade física e saúde), co obxectivo de promovela entre os escolares.

Ademais, está tamén en marcha o desafío “Atrévete cos bos hábitos!”, que terá varias probas eliminatorias online ao longo dos vindeiros meses e que resolverá a súa fase final, de carácter presencial, durante a Galiciencia. Á súa vez, quedan convocados os concursos de fotografía para alumnos e profesores e de deseño da camiseta oficial do evento.
Toda a información en www.galiciencia.com.

A celebración da feira é posible un ano máis grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria –a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)–, da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Máis información de Galiciencia 2019 na súa páxina web.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.