A Xunta lanza un programa de innovación co obxectivo de crear 'un sector naval 4.0'

A Xunta lanza un programa de innovación co obxectivo de crear ‘un sector naval 4.0’

Os directores da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Manuel Varela, e do Igape, Javier Aguilera, salientaron hoxe a innovación en fabricación avanzada como camiño dos estaleiros e a industria auxiliar galega cara o chamado Naval 4.0. Durante a xornada Shipbuilding 4.0: dinamización de la capacidad innovadora del sector naval gallego, celebrada no CIS Galicia, Aguilera salientou o rexurdir do naval, que con 1.800 millóns en contratos se ten situado na senda “para recuperar o liderado” do sector, unha meta que, subliñou, só pode acadarse mediante unha decidida aposta polas novas tecnoloxías. Neste senso, Varela apuntou o papel do CIS Galicia como canalizador da innovación galega cara á aplicación dos estándares da Industria 4.0 ao naval, “a través dunha cultura de innovación aberta na que participen estaleiros, empresas auxiliares, centros tecnolóxicos, universidades e a propia administración”.
Con eses obxectivos, e apoiado na Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, e a Estratexia de Especialización Intelixente-RIS3, Varela e Aguilera destacaron o acordo de 2 millóns de euros posto en marcha entre a Xunta e a industria naval galega para dar os primeiros pasos na implantación do Naval 4.0. Un proxecto que une as capacidades do CIS Galicia con Aclunaga, e Navantia; cos centros tecnolóxicos e de coñecemento como Aimen, ITG e Soermar; e co Colegio de Ingenieros Navales.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural