O proxecto Vinovert busca reducir os fitosanitarios na produción de viño

Xunto a outros quince socios especializados na produción vitivinícola de diferentes rexións de Portugal, Francia e España, a USC participa no desenvolvemento do proxecto europeo Vinovert, para avaliar as posibilidades tecnolóxicas así como de viabilidade económica de reducir o emprego de fitosanitarios durante a produción de uva para vinificación, así como de axentes estabilizantes na elaboración do viño.

Uva mencía
Uva da variedade mencía.

O grupo de investigación CHROMCHEM, emprazado no Instituto de Investigación e Análise Sanitario (IIAA), achegará a Vinovert a súa experiencia no desenvolvemento e validación de métodos de preparación de mostra, técnicas cromatográficas e espectrometría de masas. Concretamente, o equipo que dirixe Isaac Rodríguez Pereiro estuda o impacto do emprego de fitosanitarios no medio ambiente que rodea as zonas de produción vitivinícolas, con especial atención ás velocidades de eliminación nos solos, así como os efectos de diferentes prácticas agronómicas nos residuos de fitosanitarios nos viños procedentes das microvinificacións realizadas en Vinovert.

Publicidade

Como explica o coordinador do equipo, en base a estes datos, abordarase a eliminación de diversos índices en relación coa seguridade alimentaria, a sustentabilidad, o impacto ambiental de diferentes prácticas agrícolas empregadas en viticultura e o seu rendemento económico. CHROMCHEM, coordinado polo profesor Rafael Cela Torrijos, é un grupo de investigación estable cunha traxectoria de máis de 25 anos no desenvolvemento de métodos de análise nos eidos ambiental e alimentario e que está catalogado como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia.

Vinovert é un proxecto financiado polo programa Interreg Sudoe da UE

Vinovert é un proxecto financiado a través da convocatoria 2014-2020 do programa Interreg Sudoe cun investimento de 1,2 millóns de euros achegados pola Unión Europea. Ten un enfoque multidisciplinar e reúne grupos de investigación de diferentes eidos temáticos, produtores emprazados en dúas rexións de cada un dos países participantes e no que tamén están representados distribuidores internacionais.

Publicidade

Dunha banda, o proxecto céntrase en aspectos relacionados coa seguridade alimentaria do produto final e a responsabilidade social e medioambiental dos produtores. Doutra, investiga o impacto dos fitosanitarios nas características organolépticas dos viños e na percepción e na receptividade dos consumidores e dos mercados internacionais de viño producidos e elaborados dunha maneira sustentable atendendo a criterios medioambientais e de produción orgánica.

Vinovert comezou a súa actividade en xullo de 2016 e durante os primeiros meses contempla diferentes actividades que implican estudos de campo: produción baixo prácticas agrícolas controladas en relación á aplicación de fitosanitarios, realización de microvinificacións, catas e estudos de mercado nos que se achegan a consumidores datos sobre as técnicas de produción de uva e elaboración de viño empregadas no proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos