Venres 29 Marzo 2024

A Universidade de Vigo defende a investigación militar

A Universidade de Vigo defende a investigación militar

A Universidade de Vigo aposta pola investigación militar, a través do seu centro adscrito na Escola Naval Militar de Marín. Así o reafirmou hoxe a institución académica na inauguración do Congreso Nacional de i+d en Defensa e Seguridade DESEi+d, que reúne en Marín a preto de 230 investigadores e representantes dos corpos e forzas de seguridade e das empresas do sector. Nacido inicialmente como “foro de difusión” dos proxectos desenvolvidos nos centros universitarios da Armada, este congreso rotatorio, que neste 2015 organiza por primeira vez o centro adscrito á Universidade de Vigo, busca tamén fomentar sinerxías coas universidades e o mundo empresarial, co propósito de que poidan coñecer o traballo duns “investigadores que teñen moito que achegar”, como sinalou José María Pousada, director do Centro Universitario da Defensa (CUD). O propósito deste congreso militar, que acolle a Universidade de Vigo, é servir como punto de “encontro, presentación e debate do traballo de investigación que se realiza nos ámbitos da seguridade e da defensa”, manifestou Pousada.

O reitor Salustiano Mato e o director da Escola Naval Militar de Marín, nun recente encontro no Reitorado de Vigo.
O reitor Salustiano Mato e o director da Escola Naval Militar de Marín, nun recente encontro no Reitorado de Vigo.

O vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, puxo de relevo a importancia que ten para a Universidade de Vigo o I+D, demostrado polo feito de que nos seus 25 anos de historia “fomos capaces de captar máis de 100 millóns de euros neste ámbito, precisamente porque cremos que esa investigación ten que ter un traslado á sociedade e aos sectores industriais”. Neste caso, o traslado é a investigación en Defensa.
Corbacho salientou que “nos sentimos orgullosos de que o CUD contribúa a ese labor e forme parte do noso campus”, ao tempo que o director da Escola Naval, José Manuel Nuñez Torrente, insistía no compromiso coa ciencia do centro militar e da Armada, como tamén fixeron o director de Ensino Naval, Aniceto Rosique, e o subdirector xeral de Planificación, Tecnoloxía e Innovación da Dirección General de Armamento e Material, Jesús Manrique. Así mesmo, a apertura do terceiro congreso DESEi+d contou coa participación do director da Axencia Galega de Inonvación, Manuel Varela, quen destacou este foro como unha “oportunidade moi importante para o intercambio de coñecemento” e avogou por “aproveitar o carácter dual de moitas innovacións”, incidindo en que “o ámbito da defensa ten un impacto no mundo civil, como tamén acontece ao revés”.

“Sentímonos orgullosos de que o Centro Universitario de Defensa forme parte do noso campus”

Neses vínculos entre a innovación militar e civil puxo tamén o acento Federico Peña, quen xunto con Judy Brady, protagonizou a primeira sesión plenaria deste congreso, dedicada a dar a coñecer as contribucións realizadas pola asociación internacional de enxeñeiros e enxeñeiras IEEE ao mundo da defensa e seguridade. Nese senso, o seu responsable en España explicou que “aproximadamente o 45% das institucións que utilizan as tecnoloxías da IEEE no mundo están dedicadas á industria da defensa”. De aí que puxese de relevo a importancia que ten este sector no fomento da innovación, ao tempo que incidía en que “os adiantos na industria da defensa teñen, nun corto prazo, unha aplicación moi directa na industria civil e polo tanto, na sociedade”.
Exemplos como a propia internet, “que inicialmente foi desenvolvida por investigadores da defensa” ou o traballo de I+D desenvolvido na industria aeroespacial cun material como o grafeno, do que un dos seus derivados “é hoxe en día un dos compoñentes das raquetas de tenis” serviron a Peña Aranda como exemplos para afondar nesa interrelación. Por iso, o representante de IEEE concluíu que “os investimentos en defensa son moi importantes para o desenvolvemento dun país”.
Máis información no seguinte enlace:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O que se sabe das zonas con maior incidencia da Covid-19 en Galicia

A orde coas novas restricións deste mércores e a información transmitida por Sanidade expón a situación nas zonas con risco de transmisión

Silleda e Marín entran nas áreas de restricións pola Covid-19, das que sae Bergantiños

A Xunta de Galicia mantén as medidas nunha decena de municipios, ademais dalgúns barrios da Coruña, despois de revisar a situación epidemiolóxica

A UVigo organiza un encontro da OTAN e a Dirección General de Armamento

Na xuntanza serán presentados dous novos sistemas de medida de firmas radar (DIAR) e infravermella (DIFI)

Aparece morta unha balea de 20 metros e 30 toneladas en Bueu

A CEMMA estudou o animal, que levaba entre 5 e 7 días morto, e viu que tiña a columna totalmente fracturada por unha posible colisión