A RAGC reúne a referentes no estudo contra o cancro nun ciclo de divulgación

O encontro, coordinado por Xosé Bustelo, abordará os avances recentes no coñecemento no cancro a través das súas bases moleculares e aplicación clínica

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) programou para o vindeiro mes de xullo a 19ª edición do seu ciclo Avances en Ciencia e Tecnoloxía, que neste 2021 estará dedicado ao estudo do cancro. O encontro, titulado “Avances recentes no recoñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”, reunirá no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela a referentes no estudo da enfermidade a nivel estatal. O ciclo estará coordinado polo investigador Xosé Ramón Bustelo, do Centro de Investigación do Cáncer (CIC) de Salamanca.

Segundo informa a Academia, “o ciclo de conferencias quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo”, achegando “información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro”. Ademais, engaden, “ofrecerase unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada”. Tamén participarán na táboa redonda representantes dos pacientes. O encontro terá carácter semipresencial, xa que se poderá seguir in situ desde San Roque ou mediante videoconferencia a través da plataforma Zoom. Toda a información sobre a inscrición pode consultarse nesta ligazón.

Publicidade

Programa

Martes 6 de xullo

18:45-19:00 h. Inauguración a cargo de Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e Xosé R. Bustelo, vicedirector do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca, membro da Presidencia da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer (Aseica) e académico correspondente da RAGC

19:00-20:00 h. Xenómica do cancro. Que é e que estamos aprendendo con ela. José Tubío, investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Publicidade

20:00-21:00 h. Senescencia celular e cancro. Manuel Serrano, investigador do Institute for Research in Biomedicine de Barcelona (IRB) Moderado por Clara Álvarez Villamarín.

Mércores 7 de xullo

19:00-20:00 h. Epixenética do cancro: desde o coñecemento ás aplicacións. Manel Esteller, director do Institut de Recerca contra la Leucèmia Josep Carreras de Barcelona.

20:00-21:00 h. Descifrando a metástase: o melanoma como exemplo. Marisol Soengas, investigadora do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) de Madrid. Encontro moderado por Xosé Bustelo.

Xoves 8 de xullo

19:00-20:00 h. O impacto da investigación xenómica na medicina personalizada para os pacientes de cancro. Núria López-Bigas, investigadora do Institute for Research in Biomedicine de Barcelona (IRB).

20:00-21:00 h. Inmunoterapias aplicadas ao cancro. África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Modera Marisol Soengas.

Venres 9 de xullo

18:00-19:30 h. Táboa redonda: Novos retos para avanzar na investigación e curación do cancro en Galicia. Con Xosé Bustelo, Marisol Soengas. Rafael López, xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), Rosario Campelo, oncóloga do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e Carlos Lamora, vicepresidente da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) da Coruña. Modera a xornalista Fernanda Tabarés.

19:30-20:30 h. Unha visión histórica dos estudos do cancro. Mariano Barbacid, investigador do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) de Madrid. Modera Xosé Bustelo.

20:30-20:45 h. Clausura co coordinador do ciclo, Xosé Bustelo, vicedirector do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca, membro da Presidencia da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer (Aseica) e académico correspondente da Real Academia Galega de Ciencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes