A Fundación Barrié acollerá a vindeira semana a feira científica UDCiencia

A Fundación Barrié acollerá entre os días 24 e 29 deste mes, a UDCiencia, a feira de divulgación científica da Universidade da Coruña que conta coa colaboración do grupo de divulgación udcbigbang, a Facultade de Ciencias e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural que dirixe a profesora Ana González Tizón.

Esta feira achegará a través de diversas charlas e obradoiros o mundo da ciencia a grupos de estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato. O sábado, 29, haberá actividades específicas para familias en varias sesións de acceso libre pero con aforo limitado.

Publicidade

O obxectivo desta iniciativa é achegar a ciencia á sociedade cunha forma entretida e divertida pero con sentido crítico e científico.

Máis información:
http://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/vepeu/divulgacion/

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais