A Escola Politécnica de Lugo acolle un foro científico sobre a innovación sostible dos pastos

A 55 reunión científica da Sociedade Española para o Estudo dos Pastos (SEEP) cita desde este martes na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC aos preto de 90 participantes que xa formalizaron a súa inscrición nun foro que se desenvolverá na sede universitaria luguesa e no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) baixo o título Innovación Sustentable en Pastos: Cara unha agricultura de resposta ao cambio climático.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inaugurará este martes, a partir das 10.00 horas, no salón de actos da EPS, este foro científico no marco dun acto de apertura no que tamén intervirán a presidenta da SEEP, Sonia Roig; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o secretario xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, e Dolores Báez Breal, en representación do comité organizador.

Publicidade

Os obxectivos desta reunión científica, que estará estruturada en catro sesións temáticas: Botánica, Produción Vexetal, Produción Animal e Sistemas e Recursos Silvopastorís, pasan por coordinar e centrar os últimos traballos relacionados coas prácticas e innovacións en pastos que contribúen ao desenvolvemento sustentable dos sistemas agrogandeiros.

Os retos aos que se enfronta a agricultura, tales como o son a conservación da biodiversidade ou o desenvolvemento de boas prácticas que axuden a mitigar o cambio climático son cuestións que tamén figuran no programa dunha reunión científica cuxos participantes se desprazarán durante a xornada do mércores á sede do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña). O xoves está prevista a realización de dúas visitas técnicas a dous enclaves da provincia de Lugo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos