A USC asina un convenio con Medioambiente para redactar as Directrices de Ordenación do Territorio

O reitor da USC, Juan Viaño, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron este luns un convenio de colaboración polo que a institución académica dará soporte técnico á Xunta e participará na coordinación dos traballos de redacción das Directrices de Ordenación do Territorio, antes de elevar este documento ao Consello da Xunta para a súa aprobación.

Ambas entidades concordan en que é esencial o establecemento de mecanismos de participación social na toma de decisións e na definición das políticas da paisaxe; fomentar a sensibilización da sociedade galega no referente ao valor da paisaxe, da súa importancia e funcións; así como promover o estudo e a formación en materia de paisaxe.

Publicidade

A Universidade de Santiago conta cun Sistema de Información Territorial (SIT), que é unha plataforma da Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) que proporciona apoio científico e tecnolóxico aos membros da universidade e ao resto da sociedade. O SIT dispón de fondos que están dispoñibles en distintos graos de acceso, polo que xunto co Sistema de Información Xeográfica do Instituto de Estudos do Territorio configúrase como unha ferramenta tecnolóxica para a organización e xestión cartográfica e a información xeográfica.

O obxectivo principal do convenio é promover o estudo e a formación en materia de paisaxe

En base a esta colaboración definiranse os obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe, coa revisión bibliográfica de procesos participativos, e farase unha síntese dos resultados obtidos no proceso de participación pública e unha identificación dos ámbitos degradados desde o punto de vista paisaxístico. Tamén se encargarán do deseño de posibles indicadores de calidade paisaxística aplicables a Galicia e determinarán unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias rexionais e locais encamiñadas a un desenvolvemento sostible do territorio.

O convenio, que implica un investimento de 95.000 euros –90.000 por parte da Xunta e 5.000 da USC-, suporá un paso fundamental para o desenvolvemento e aprobación definitiva das Directrices de Paisaxe de Galicia, que serán o novo instrumento que completará o primeiro Atlas da Paisaxe da historia da Comunidade Autónoma.

As Directrices de Ordenación sentarán as bases para unha xestión actual e eficaz da paisaxe, establecendo metodoloxías e criterios rigorosos que darán soporte a todos os instrumentos de ordenación territorial e urbanística, aos informes sectoriais en materia de paisaxe, así coma aos estudos de impacto e integración paisaxística.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así eran as cidades galegas desde o aire hai 70 anos

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta publica ortografías tomadas polo exército estadounidense no ano 1946

Localiza a túa casa no mapa de Domingo Fontán

A Xunta incorpora a Carta Xeométrica ao seu visor de información xeográfica, elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio

A Xunta estrea unha nova aplicación para baixar información xeográfica

O novo servizo multiplica por cinco os mapas e ficheiros que poden descargarse

Un visor xeográfico dos espazos naturais e a biodiversidade de Galicia

Unha nova web da Xunta ofrece información sobre os principais espazos naturais galegos