A Coruña sitúase en cabeza das universidades galegas no ránking Times

A Universidade da Coruña mantén a súa posición con respecto ao ano pasado, co posto 650, no ránking de universidades do mundo que elabora THE: Times Higher Education World University Ranking e mellora a súa posición entre as universidades españolas, ocupando o posto 14.

A Universidade inglesa de Oxford encabeza o ránking mundial que contabiliza un total de 980 universidades de todo o mundo. O segundo e o terceiro posto son para as americanas California Institute of Technology e Stanford University. Dentro da clasificación das españolas seleccionadas neste ránking, a Universidade da Coruña sobe catro postos situándose co ordinal 14 dun total de 27 universidades españolas seleccionadas.

Publicidade

A Universidade da Coruña aparece como a mellor clasificada das galegas nesta listaxe mundial. O ránking THE mide a calidade de cada universidade atendendo a catro indicadores: ensinanza, investigación, transferencia de coñecemento e proxección internacional, avaliando un total de 1.200 universidades de todo o mundo. A UDC presenta unha maior posición no indicador de Transferencia coa empresa na que ocupa a posición 650 do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar