Elena Vázquez Cendón e as vocacións científicas: “A min as mates danme seguridade”

A premio Wonbenburguer 2022 abre ante 400 estudantes o ciclo A Foto 51, organizado polo Concello de Pontevedra co gallo do 11F

Fuches algunha vez discriminada ou fixéronte de menos por ser muller? Pensaches algunha vez en tirar a toalla? Por que che interesaron as correntes da ría de Pontevedra? Que software usas nos teus traballos? Acabarase o cálculo matemático cos computadores? Gáñase moito diñeiro coas matemáticas?

Son algunhas das preguntas ás que respondeu a doutora en Ciencias Matemáticas e premio María Josefa Wonenburguer, Elena Vázquez Cendón, fronte a máis de 400 estudantes de Secundaria que participaron na conferencia-coloquio O sabor e o saber das Matemáticas de proximidade que abriu onte o ciclo A Foto 51, as xornadas de divulgación científica con perspectiva de xénero promovidas polo Concello de Pontevedra, co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia e nas que colabora Gciencia.

Publicidade

Público da conferencia de Elena Vázquez Cendón

Previamente, nun ateigado Teatro Principal, Elena Vázquez Cendón faláralles do seu gusto temperá polas matemáticas —“a min as mates danme seguridade”—, dos espellos nos que se mirou e os referentes que alumearon o seu camiño, de traballos que, por exemplo, a levaron a mirar á ría de Pontevedra, de simulacións matemáticas que dan resposta a problemas e proxectos reais pero que tamén teñen derivadas máis lúdicas como a animación de Disney, entre outras cousas.

Pero tamén lles pediu ás mozas e mozos presentes que tiveran confianza neles e na fórmula “entusiasmo, traballo e paciencia” para acadar as súas aspiracións e soños. En pé de igualdade. Unha igualdade na que se avanza chanzo a chanzo, que non ten volta atrás, pero que a algúns aínda lle custa entender. “O símbolo da raíz cadrada foi introducido historicamente antes que o símbolo da igualdade, o que lles custa a alguns entender o primeiro e xa o segundo…”, botou man da retranca Elena Vázquez.

Publicidade

11 de Febreiro

Hoxe, Día da Muller e a Nena na Ciencia, A Foto 51 ten continuidade cun encontro de divulgadoras científicas que encherá de novo de ciencia o Teatro Principal, nunha xornada na que tamén bota a andar o roteiro urbano A pegada de mulleres científicas en Pontevedra

No encontro, no que se abordarán distintas temáticas, as científicas participantes farán intervencións de 10 minutos. O evento inclúe un concurso de nanocharlas para persoas que queiran dar os seus primeiros pasos na divulgación.

Vázquez Cendón foi presentada pola concelleira Carme Fouces.

O roteiro  A pegada das mulleres científicas en Pontevedra terá tres quendas máis: o 12 de febreiro e os días 25 e 26 de febreiro. Vai dirixido a un público xeral e para participar é preciso anotarse en apuntate.pontevedra.gal.

O percorrido porá en valor e visibilizará a unha ducia de mulleres científicas e investigadoras vencelladas á cidade de Pontevedra e reivindicará o papel de científicas galegas, mulleres que foron quen de abrirse paso en espazos ocupados por homes. Son mulleres referentes nas súas áreas, respectadas e recoñecidas a nivel nacional e internacional e, porén, descoñecidas para gran parte da veciñanza.

Entre as protagonistas do roteiro hai tres premios Wonenburger: a recentemente falecida María Inmaculada Paz Andrade, referente internacional en Microcalorimetría e primeira muller que recibir a Medalla de Ouro da Real Academia Española de Física; Isabel Aguirre de Úrcola, arquitecta e paisaxista, que redeseñou ambientalmente a Illa das Esculturas e foi a primeira muller en recibir o Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa, en 1997; e Alicia Estévez Toranzo, microbióloga e investigadora referente en patoloxía e acuicultura e a segunda académica da Real Academia Galega das Ciencias. E tamén a investigadoras de prestixio como a botánica e experta en plantas ornamentais Carmen Salinero Corral, directora do Areeiro e ligada vital e profesionalmente á camelia ou a enxeñeira de Montes, Josefa Fernández López que adicou anos ao estudo do castiñeiro.

Atoparemos na ruta tres premios Wonenburger: a recentemente falecida María Inmaculada Paz Andrade, referente internacional en Microcalorimetría, primeira catedrática da Facultade de Física da USC e primeira muller que recibiu a Medalla de Ouro da Real Academia Española de Física; Isabel Aguirre de Úrcola, arquitecta e paisaxista, que redeseñou ambientalmente a Illa das Esculturas e foi a primeira muller en recibir o Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa, en 1997; e Alicia Estévez Toranzo, microbióloga e investigadora referente en patoloxía e acuicultura e a segunda académica da Real Academia Galega das Ciencias. E tamén a investigadoras de prestixio como a botánica e expertas en plantas ornamentais Carmen Salinero Corral, directora do Areeiro e ligada vital e profesionalmente á camelia ou a enxeñeira de Montes, Josefa Fernández López que adicou anos ao estudo do castiñeiro.

Axenda A Foto 51

Sábado, 11 de febreiro:

  • RoteiroA pegada das mulleres científicas en Pontevedra. Saídas ás 11.00 horas dos Xardíns de Colón. Posibilidade de inscrición en apuntate.pontevedra.gal.
  • Micro-charlas e concurso de nanocharlas. As participantes intervirán na seguinte orde no Teatro Principal de Pontevedra:
    • 11.00h – Presentación do evento 
    • 11.15h – Iria Veiga – O terceiro que Camiña a miña beira: alucinacións históricas 
    • 11.25h – Paula Otero – Previr o cancro a golpe de xeringa
    • 11.35h – Concurso Nanocharlas (apuntate.pontevedra.gal
    • 12.00h – Descanso
    • 12.20h – Elena Vázquez – Números máxicos 
    • 12.30h – Laura Veiga – Máis diversidade, mellores resultados 
    • 12.40h – Sandra Román – A cultura anti-dieta 
    • 12.50h – Olalla López – Historia das mulleres dos mortos
    • 17.00h – Xurxo Mariño – O dilema obstétrico 
    • 17.10h – Joana Magallaes – Tecedeiras de duplas hélices
    • 17.20h – Eva Cabanelas – Aos gatos nin tocalos 
    • 17.30h – Descanso 
    • 17.50h – África González – Inmuno Power: coñece e fortalece as túas defensas
    • 18.00h – Estíbaliz Espinosa – Cosmos en perspectiva e poema
    • 18.10h – Tamara Pazos – A perversión do benestar 
    • 18.20h – Premio concurso Nanocharlas 18.30 – Espectáculo co Piano-Bar Periódico ‘Elemental’ 

Outras actividades:  

  • A pegada das mulleres científicas en Pontevedra. Días 12, 25 e 26 de febreiro. Saídas ás 11.00 horas dos Xardíns de Colón. Posibilidade de inscrición en apuntate.pontevedra.gal.
  • Obradoiros para a rapazada

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Grandes mulleres científicas que loitaron para romper o teito de cristal

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Katalin Karikó é a flamante gañadora do último...

A UVigo adica febreiro a accións divulgativas polo Día da Muller e a Nena na Ciencia

O programa da Universidade de Vigo polo 11F inclúe obradoiros, feiras divulgativas, charlas e certames

A pegada de mulleres científicas en Pontevedra

Unha ruta rende homenaxe ás Investigadoras que modelan a historia da ciencia e da propia cidade

Feiras divulgativas, charlas, talleres e concursos para celebrar o 11F na UVigo

Os campus de Vigo e Ourense énchense de actividades co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia