María de la Fuente é a directora do laboratorio de Nanooncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Imaxe: Oncomet.
María de la Fuente é a directora do laboratorio de Nanooncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Imaxe: Oncomet.

María de la Fuente recibe máis de 75.000 apoios en só tres días

Captura de pantalla 2018-03-02 12.56.41

O pasado luns, GCiencia contaba a historia de María de la Fuente, a directora da Unidade de Nanooncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Hai varios anos, grazas ao seu desempeño, María conseguiu un dos contratos Miguel Servet, que recoñecen a excelencia científica dos investigadores asociados ao Sistema Nacional de Saúde, e que convoca o Instituto de Salud Carlos III (ISCIII). Menos de 30 persoas en toda España consiguen este tipo de contratos cada ano. Despois de acadar este contrato, e coa súa traxectoria estabilizada a cinco anos vista, María viu que era o momento de ser nai. Tivo dous fillos e estivo 13 meses de baixa. E agora, cando tiña que afrontar a avaliación para renovar o contrato, a maternidade converteuse nun obstáculo que lastrará o resto da súa carreira.

O seu caso apareceu estes días en medios de comunicación galegos e españois. “Estanse perdendo moitos talentos de mulleres”, denunciaba. A ela só lle queda recorrer á vía xudicial, pero quere evitar que as mulleres que veñan detrás teñan que pasar polo mesmo. Así que comezou a moverse, e decidiu abrir unha petición na web Change.org cun encabezado contundente: “Ola, chámome María, teño 39 anos, son científica e nai de dous nenos. Como tantas outras mulleres, fun penalizada no traballo debido á miña maternidade”.

A avalancha de apoios medra a cada minuto. En só tres días, suma xa máis de 75.000 apoios. “Por favor, deixen de fomentar a fenda de xénero na ciencia. Se demostramos ser válidas en todas as avaliacións que superamos ao longo da nosa carreira, por que temos que perder competitividade cando somos nais? De que val decirlle ás nosas nenas que elas tamén poden ser científicas se logo non garantimos que poidan selo?”, pregúntase María na súa petición.

Podes apoiar a petición de María de la Fuente ao Instituto de Salud Carlos III nesta ligazón.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.