María José Alonso, científica líder de España en Ciencias da Saúde

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso é a investigadora española máis influínte no eido das Ciencias da Saúde. Así o confirma o índice de citacións das súas publicacións científicas. De acordo ao índice h, o indicador máis relevante para amosar o impacto das publicacións científicas dentro dun eido específico, dálle un valor de 67, o máis alto de todos os investigadores en Ciencias da Saúde.

En España, segundo sinala nun comunicado o equipo que dirixe María José Alonso, o impacto das publicacións científicas asinadas por mulleres no eido das Ciencias da Saúde está por debaixo dos seus compañeiros homes. A única excepción é a da área de Farmacia e Farmacoloxía, onde María José Alonso encabeza a lista.

Publicidade

No 2010 chegou a estar entre os 10 científicos máis citados do mundo

Segundo os datos, María José Alonso acumula máis de 14.800 citas das súas publicacións, unhas cifras que a levan a manter o liderado nos últimos anos. No 2010, o impacto do seu traballo levouna a estar entre os 10 científicos máis citados do mundo no seu eido, segundo o ránking Times Higher Education.

Grazas ao seu traballo, María José Alonso participa desde hai anos en relevantes institucións internacionais. É a actual presidenta da Controlled Release Society (CRS), a sociedade científica máis relevante a nivel mundial no ámbito dos sistemas de liberación de fármacos e nanomedicina, e no 2017 tamén ingresou na Academia de Medicina dos Estados Unidos. O nivel dos grupos de investigación que coordina levou á área de Farmacia e Farmacoloxía da USC a situarse entre as 250 mellores universidades do mundo na súa especialidade.

Publicidade

María José Alonso recibiu numerosos premios, entre os que destacan o premio Jaume I de Novas Tecnoloxías, o premio Maurice Marie Janot, o premio Nóvoa Santos e o María Wonenburger. É membro de tres academias en España: a Real Academia Nacional de Farmacia, a Real Academia Galega de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia. Pertence ao consello editorial de once revistas científicas e foi asesora do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para a elaboración da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación de 2011, ademais de formar parte do consello asesor do Ministerio de Sanidade. Entre 2006 e 2010 foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González

Dez científicas galegas que deberías coñecer

Co gallo do 11F recuperamos perfís de mulleres sobresaíntes en farmacia, neuroloxía, arquitectura, enxeñaría agrónoma e pedagoxía

O ‘top 10’ da ciencia galega en 2025

Cirurxías pioneiras, achados paleontolóxicos e curación de enfermidades como a hemofilia B e a vertixe lideran os avances deste ano