Unha vaga de frío trae a primeira nevada do ano a Galicia o domingo

As precidións meteorolóxicas avanzan a entrada de aire polar a partir do sábado pola noite en todo o país

Despois dun venres e sábado nos que predominará o tempo estable e os ceos un pouco nubrados e con chuvias dispersas, a últimas horas do sábado, chegará unha fronte por Galicia que impulsará precipitacións. Esa combinación derivará nunha importante baixada de temperaturas e nevadas en cotas medias no norte, entre os 600 e 800 metros, mentres que no centro e sur a neve caerá a partir dos 1.000 metros.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1613802800315568129

En canto aos ventos, a AEMET sinala que o sábado soprarán fortes en Galicia e na área cantábrica. Xa o domingo, a consecuencia da entrada da fronte atlántica aumentarán do oeste e do noroeste na Península e soprarán e con refachos extremadamente fortes nos litorais de Galicia.

Publicidade

https://twitter.com/AEMET_Esp/status/1613428722157207553

Ruptura do vórtice polar

A ruptura do vórtice polar podería producirse este mes. Isto significa que o verdadeiro inverno podería chegar en febreiro ao noso país. E aínda que é algo cedo para facer previsións meteorolóxicas, esta ruptura do vórtice polar podería traer a España frío extremo e máis nevadas, segundo sinala a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Segundo os expertos, o cambio de quincena traerá consigo que o chorro polar presente importantes ondulacións. Isto significa que teremos un tempo máis variable que deixaría a porta aberta a outro tipo de situacións, por exemplo, descolgues. Ademais, os mesmos meteorólogos da AEMET sinalan que “agora si empeza a haber fortes evidencias para un quecemento súbito estratosférico“, polo que se intúe que a ruptura do vórtice polar poda producirse a finais deste mes de xaneiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable