Unha investigadora da Coruña descobre a primeira alga vermella coralina de río

A investigadora da Universidade da Coruña Viviana Peña Freire vén de presentar á Ciencia a primeira alga vermella coralina de auga doce, nun traballo de investigación feito en colaboración con outros once investigadores de cinco institucións europeas. Peña Freire acaba de publicar o seu descubrimento na revista Scientific Reports, versión open-access de Nature. A investigadora pertence ao grupo de investigación BIOCOST da Facultade de Ciencias.

A nova especie, Pneophyllum cetinaensis Kaleb, Žuljević & V. Peña, atopada unicamente nun río kárstico de Croacia (río Cetina), está completamente adaptada ao medio doceacuícola e é incapaz de sobrevivir incluso en augas salobres. O descubrimento desta especie desafía o paradigma das algas vermellas coralinas como un grupo exclusivamente mariño. No artigo explícase a posible orixe mariña desta especie cuxo ancestro puido quedar illado polas oscilacións batimétricas do nivel do mar, a derradeira hai 20.000 anos cunha baixada do nivel do mar de 120 metros.

Publicidade

Viviana Peña pertence ao grupo BIOCOST da Universidade da Coruña

Agárdase que este artigo produza un impacto significativo en áreas de investigación tan diversas como, por exemplo, a Paleobioloxía, pois este grupo de natureza calcárea e cun rexistro fósil importante é considerado indicador de paleoambientes mariños. Como especie que cruzou a fronteira entre os biomas mariño e doceacuícola, é de particular interese para estudar os mecanismos ecofisiolóxicos e xenómicos subxacentes desta transición. Por outra banda, esta especie ten un grande potencial como organismo de modelo para estudar a evolución por especiación peripátrica.

A investigación segue a estratexia de Open Science (Open Access) do programa H2020 da UE, polo que se pode descargar libremente.
Esta publicación é un dos resultados acadados pola investigadora contratada ao abeiro do Programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral Xunta de Galicia (Plan I2C, modalidade A). As algas vermellas coralinas son o eixe principal da súa investigación iniciada ao longo da súa tese doutoral sobre os fondos de maërl e defendida na Universidade da Coruña (2010). Neste senso, o grupo de investigación BIOCOST leva acadado financiamento para varios proxectos de investigación centrados neste ecosistema mariño protexido e que alberga unha grande diversidade nas costas galegas.

Publicidade

Artigo publicado: www.nature.com/articles/srep19642

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais