Un SOS polas palmeiras indianas

En xaneiro de 2013 chegou a Galicia o inimigo máis íntimo para as palmeiras. O picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus), un insecto orixinario do Sueste Asiático, apareceu en Gondomar despois de estenderse desde Asia á península Arábiga e Oriente Medio ata chegar ao sur de Europa durante os últimos tres decenios. É un auténtico depredador destas plantas, xa que non as deixa en paz ata que as mata.

Aínda que non é unha especie propia do país, a palmeira en Galicia está unida a un fenómeno imprescindible para entender a nosa historia como é a emigración. A palmeira era a planta que os indianos sementaban nas ostentosas vivendas que erixían nas súas aldeas de orixe, así como nas alamedas construídas cos cartos dalgún destes filántropos. Era, en definitiva, a lembranza daqueles tempos, tan duros para todos e tan enriquecedores para uns poucos.

Publicidade

Palmeiras do Pazo de Castrelos de Vigo, en diferentes estados de afección. Foto: Proyecto Palmera.
Palmeiras do Pazo de Castrelos de Vigo, en diferentes estados de afección. Foto: Proyecto Palmera.

Este insecto, semellante a unha vacaloura de cor óxido, é fatal para as palmeiras. As súas larvas comezan a chuchar o interior das plantas, e os síntomas pronto se fan visibles no exterior. As follas novas comezan a perder forza, a coller un ton amarelo, decaen, como se lles viñera de súpeto a tristura, e acaban morrendo.

En só tres anos, detectáronse positivos en máis de vinte concellos da provincia de Pontevedra, e a praga non parece deterse. Ao norte, xa está á altura de Vilagarcía de Arousa, e provocou a morte de decenas de exemplares. E en concellos coma Tui, estímase que o 90 por cento destas plantas están afectadas. Nesta carreira contra o reloxo, na que a Xunta xa traballa a través dun plan de acción, dous mozos viron que debían facer algo para deter, na medida do posible, a perda deste anaco de historia.

Publicidade

Jorge Barrecheguren Yasmín Santos comezaron co Proyecto Palmera a mediados do ano 2015. “En Vigo, onde vivo, empecei a ver como o picudo mataba palmeiras e a través do que vía e lía, decidín poñerme a traballar”, explica Jorge, historiador e arquiveiro. Da man de Yasmín, fotógrafa, comezaron a retratar pouco a pouco ducias de exemplares por toda Galicia. Hoxe xa teñen máis de 140 imaxes ubicadas en máis de 75 puntos da xeografía galega.

Yasmín e Jorge piden a colaboración cidadá para localizar máis palmeiras

“Agora os nosos esforzos están centrados en facer fotografías e catalogalas. Queremos rexistralas canto antes, porque xa estamos vendo casos de palmeiras que estaban sas cando as retratamos e agora xa morreron”, conta Jorge. No mapa que se pode ver na súa web (proyectopalmera.com),aparecen plantas en vilas como Noia, Tui, Vigo, A Coruña, Ribadeo, Cangas ou Padrón. Tamén van poñer en marcha a asociación Morriña de Cuba para fortalecer a súa actividade.

Para aumentar o seu catálogo, Yasmín e Jorge piden a colaboración cidadá. “Hai moitas palmeiras sen localizar, e tampouco hai un rexistro da súa localización, polo que agradeceriamos que todo o mundo que saiba da existencia dunha palmeira nalgún lugar de Galicia nolo faga saber”.

1 comentario

  1. Si ya han localizado 140, ¿por qué no empiezan a tratarlas?¿Por qué hay que esperar a catalogar todas?¿Por qué no se difunde la manera de controlar la plaga?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas