Un tese da USC demostra que o veleno das abellas favorece o engorde das cobaias

O estudo, desenvolvido polo investigador ecuatoriano Vicente Arteaga, ten especial interese no seu país de orixe, onde é habitual consumir o roedor

A apitoxina é unha substancia popularmente coñecida como o veleno segregado polas abellas (Apis mellifera). Presenta propiedades terapéuticas xa sobradamente coñecidas, pero a súa rica e variada composición tamén semella producir efectos que favorecen o engorde das cobaias (Cavia porcellus), segundo constata o profesor e investigador ecuatoriano Vicente Arteaga Cadena. Así o conclúe nunha tese de doutoramento sobre a acción da apitoxina en bacterias enteropatóxenas de cobaias en fase de engorde dirixida polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e responsable de calidade do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) do Campus Terra, Carlos Manuel Franco Abuín.

O estudo desenvolvido por Vicente Arteaga, docente da Pontificia Universidade Católica de Ecuador, permitiu constatar en cobaias propiedades e beneficios farmacolóxicos da apitoxina coñecidos noutras especies animais e tamén fronte a determinadas doenzas. Este achado resulta de especial interese nun país suramericano, que despois de Perú, rexistra o censo de poboación máis elevado do mundo (14 millóns de exemplares) dunha especie de roedor que está plenamente incorporado á dieta alimenticia da poboación local.

Publicidade

Benestar animal

Ademais do interese das pescudas desenvolvidas en Ecuador por Vicente Arteaga, cómpre engadir as pautas de máximo respecto ao benestar animal que rexeron a extracción de apitoxina das glándulas deste insecto, un procedemento que podería deparar a morte das abellas, pero que este investigador realizou a través dun ecocolector eléctrico, un dispositivo previamente patentado por el mesmo e dotado dun software sinxelo, que fai posible obter o veleno das abellas sen afectar aos seus órganos nin condicións vitais.

O método extractivo de apitoxina patentado por Arteaga Cadena fixo posible que o Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control contara con abundancia de mostras desta substancia para a súa análise, subliñou o profesor Carlos Franco, ao tempo que recoñeceu a dificultade que implica este traballo de experimentación con animais tan sensibles como o son os insectos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos