Novo tremor en Ponte Caldelas

A provincia de Pontevedra volveu tremer este venres. Un sismo de magnitude 2,8, con epicentro ao sur do concello de Ponte Caldelas, xa preto de Soutomaior, e hipocentro a 12 quilómetros de profundidade, chegou a sentirse no lugar de Rebordelo. Segundo os datos recollidos polo Instituto Geográfico Nacional, houbo testemuños que sentiron o sismo neste lugar, polo que se lle atribuíu unha intensidade II, que na escala se corresponde cos tremores que se perciben “só en casos illados” en “individuos en reposo e en posicións especialmente receptivas dentro de edificios”.

Neste caso, o epicentro tivo lugar máis ao sur da área que concentrou o enxame sísmico fixo tremer a mediados deste mes no municipio de Ponte Caldelas. O máis forte, de magnitude 3,2, aconteceu na madrugada do 17 de maio. A este tremor acompañouno unha serie de máis de 40 sismos. Un fenómeno que desde o IGN atribuíron ao movemento continuo e habitual das placas tectónicas.

Publicidade

Máis sismos en Galicia

Sismos en Taboada.
Sismos en Taboada.

Porén, o deste venres non foi o único movemento rexistrado nos últimos días. Os sismógrafos tamén detectaron unha serie de cinco terremotos moi próximos entre si no municipio de Taboada, en Lugo, arredor do cauce do río Miño, tal e como se pode ver na imaxe adxunta. Porén, ningún deles foi sentido pola poboación, xa que as magnitudes oscilaron entre 1,7 e 2.

Tamén na provincia lucense, máis ao norte, en Castro de Rei, tivo lugar este xoves un sismo de magnitude 1,9, que tampouco foi sentido. E na madrugada deste venres, o IGN tamén deu conta doutro tremor da mesma magnitude en Ramirás (Ourense).

Publicidade

Cabe subliñar tamén que o IGN detectou a pasada semana en varias das súas estacións un movemento de magnitude 1,3 producido pola explosión do almacén clandestino de pirotecnia no municipio de Tui.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aínda non sabes onde ver a eclipse en Galicia? Estas son as cinco mellores aplicacións para descubrilo

A previsión meteorolóxica, a orografía e a posición do Sol son algúns dos factores que permiten consultar para escoller o punto de observación

Haberá nubes durante a eclipse? A ferramenta definitiva para decidir onde ver o fenómeno en Galicia

A actualización dos modelos apunta a ceos cubertos no litoral e no norte, con diferenzas segundo a localidade e a evolución atmosférica do mércores

Catro mapas históricos para percorrer Galicia a través dos séculos

O Instituto Xeográfico Nacional conserva cartografía antiga datada entre o XVII e XIX e amosa a evolución do territorio ao longo de máis de 200 anos

A tormenta solar que deixou ver auroras boreais en Galicia en maio de 2024 foi a máis intensa en 35 anos

Os episodios volvéronse repetir en outubro de 2024 e en aninovo, e neste 2025 o ciclo solar está no seu máximo