Segunda vaga de calor do ano: alerta vermella en Galicia e preto dos 45 graos no interior

Os expertos indican que será "intensa e prolongada", con temperaturas extremas na provincia de Ourense

As altas temperaturas rexistradas durante a pasada fin de semana deixaron ver a chegada do que será a segunda vaga de calor do ano que, segundo indican os expertos, será intensa e prolongada. A calor extrema invadirá 14 comunidades españolas dende o día de hoxe, superando os 40ºC en gran parte do suroeste peninsular. En Galicia, a semana comeza con brétemas no litoral, o que supón un descenso das temperaturas en toda a zona costeira, debido ás brisas mariñas. Porén, a partir de mañá as alertas por altas temperaturas levantan a preocupación dos expertos, xa que os termómetros poderían chegar a superar os 42ºC de máxima no interior galego. De feito, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) xa activou a alerta vermella na provincia de Ourense.

O mesmo organismo publicou onte o aviso desta onda de calor explicando que a presencia dun estenso e potente anticiclón atlántico está favorecendo esta situación de alta estabilidade en todo o país, cunha masa de aire moi estacionaria provocada por unha alta insolación que o que fai é aumentar a temperatura. “Por unha parte está a influencia anticiclónica, con altas presións no noroeste peninsular, que favorecen a entrada de aire cálido procedente do Sáhara”, explican dende MeteoGalicia. “Pero por outro lado, ademais desas altas presións, a situación intensificase polo desprendemento de aire fío en altura que acelera a entrada desa masa de aire quente sobre toda a Península, debido ao seu xiro ciclónico”, engaden os expertos.

Publicidade

https://twitter.com/AEMET_Esp/status/1546093343205097473

Calor abafante en toda Galicia

Esta situación anticiclónica, de máxima calor, non é habitual no noroeste peninsular onde os veráns adoitan ser moito máis suaves e mesmo contando coa presencia dalgúns chuvascos. Porén, este ano os termómetros rozarán o récord en Galicia, durando a calor extrema ata o próximo domingo. A partir do martes, como indica MeteoGalicia na súa páxina web, notaremos a presenza desa masa de aire moi cálida impulsada polas altas presións e a presenza dunha baixa desprendida entre Azores e a Península, que deixará temperaturas de ata 42ºC en Ourense e 37ºC en Pontevedra e Santiago, que subirán ata os 39ºC no litoral e mesmo chegarán a superar os 45ºC no Val do Miño a final de semana. “O que apuntan os modelos é que vai entrar esa masa de aire moi cálida en Galicia que fará que aumenten progresivamente as temperaturas, de forma que teremos por diante xornadas consecutivas de temperaturas moi elevadas“, adiantan dende MeteoGalicia.

Ademais, os meteorólogos indican que se espera que as mínimas rexistradas en Galicia superen esta semana os 20 graos, o que daría lugar ao que os expertos chaman “noites tropicais“, sobre todo en zonas do litoral. De feito, en Vigo observouse xa a mínima máis elevada dos últimos anos durante a noite do pasado mércores, con 32,5ºC.

Publicidade

Dende MeteoGalicia indican que xa se deran anos atrás situacións similares de temperaturas moi elevadas en Galicia. De feito, no ano 2018, houbo unha semana en agosto na que os termómetros chegaban a rexistrar cerca dos 40ºC en puntos do interior. Con todo, os expertos manteñen a cautela e prefiren non falar de “récord de temperaturas” ata que vaian avanzando os días. “Haberá que ver se esa masa de aire de África trae tamén calima, o que baixaría as temperaturas esperadas, ou tamén se se chegan a formar nubes de evolución nas zonas máis cálidas, froito da inestabilidade, que mesmo pode traer treboadas en puntos de montaña e no interior”, explican dende MeteoGalicia.

Polo momento, non se esperan choivas xeneralizadas a medio prazo. O que si se sabe con certeza é que a calor vai invadir Galicia os próximos días e isto pode ser un risco para a saúde da poboación, que non adoita vivir episodios tan extremos nesta época do ano. “Certamente en xullo ten que vir calor. Pero cando a situación se separa moito da normalidade cómpre avisar e previr xa que o episodio pode ser perigoso para algunhas partes da poboación”, indica MeteoGalicia no seu Twitter. Deste modo, os expertos recomendan non facer exercicio físico nas horas centrais do día e manterse hidratados para non sufrir posibles golpes de calor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos