Fito histórico: secuencian o ADN dun mamut dun millón de anos

Rachan o récord de ADN máis antigo ao analizar os dentes conservados en permafrotst de ata 1,6 millóns de anos que identifican unha nova especie

Fito histórico para a ciencia xenética. Nunha fazaña sen precedentes, un equipo internacional recuperou e secuenciado o ADN máis antigo ata a data. Dos dentes de tres mamuts antigos que vagaban por Siberia fai entre 700.000 e 1,2 millóns de anos, os investigadores extraeron ADN extremadamente degradado e conseguiron reconstruir a súa estrutra para revelar unha liñaxe xenética de mamuts previamente descoñecida. Anteriormente, a mostra de ADN recuperada máis antiga era dun óso de cabalo atopado no permafrost do río Yukon, que databa de fai entre 560.000 e 780.000 anos.

“Este ADN é incriblemente antigo”, dixo o xenetista evolutivo Love Dalén do Centro de Paleoxenética en Suecia. “As mostras son mil veces máis antigas que os restos viquingos, e mesmo son anteriores á existencia de humanos e neandertais”.

Publicidade

Fai arredor dun millón de anos, nin sequera os mamuts laúdos (Mammuthus primigenius) existían aínda. Estas bestas non empezaron a emerxer ata fai uns 800.000 anos, vivindo nos climas xeados da Terra ata que finalmente se extinguiron fai uns 4.000 anos. Por mor disto, é máis doado recuperar os seus restos, xa que preferiron os hábitats fríos.

Os mamuts laúdos existiron xunto cos mamuts colombianos (M. columbi ), que habitaban América do Norte e extinguíronse fai uns 11.500 anos.

Publicidade

Os seus predecesores, os mamuts dos que evolucionaron os mamuts laúdos, son menos coñecidos. Sabemos que descenden dos mamuts esteparios (M. trogontherii), que vagaron pola maior parte de Eurasia ata fai uns 200.000 anos. Tamén pensamos que os mamuts colombinos descendían de mamuts esteparios que cruzaran a América do Norte fai arredor de 1,5 millóns de anos. Nun intento por aprender máis sobre este antepasado, os científicos déronlle a volta a esta xenealoxía xigantesca.

Un mamut nos montes de Lugo

Os tres dentes de mamut dos que extraeron o ADN foron atopados hai décadas e foron gardados nunha colección de museo. O máis novo, con 700.000 anos, pertencía a un mamut laúdo, un dos primeiros coñecidos. Esperábase que os dous maiores, con máis de 1 millón de anos, pertencesen ao mamut da estepa.

A través dunha restauración minuciosa e esforzos comparativos, os investigadores puideron reconstruír e secuenciar o ADN que se conservou dentro do esmalte duro dos dentes dos animais. E o segundo máis antigo dos tres especímenes confirmouno: estaba moi preto do mamut da estepa en morfoloxía e ADN.

O espécime máis antigo, e que data de fai arredor de 1,6 millóns de anos, foi máis sorprendente. Resultou pertencer a unha liñaxe de mamut xenético previamente descoñecido que diverxeu dun devanceiro común fai máis de 2 millóns de anos.

“Isto foi unha completa sorpresa para nós”, dixo o xenetista Tom van der Valk da Universidade de Uppsala en Suecia. “Todos os estudos anteriores indicaron que só había unha especie de mamut en Siberia nese momento, chamado mamut de estepa. Pero as nosas análises de ADN agora amosan que había dúas liñaxes xenéticas diferentes, aos que aquí nos referimos como o mamut Adycha e o mamut Krestovka (polos lugares de Siberia onde foron atopados). Non podemos dicilo con certeza aínda, pero cremos que poden representar dúas especies diferentes”.

Aquí podes consultar o artigo científico publicado en Nature

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Un estudo da UDC reconstrúe a evolución do lince europeo coa análise de ADN e proteínas antigas

A investigación analizará tres especies de lince do suroeste de Europa para reconstruír as súas relacións evolutivas e as hibridacións entre elas

Así nos prepara o hipocampo para as sorpresas

Un estudo con rexistros intracraneais amosa que, cando aumenta a incerteza, emite ondas de alta frecuencia que modifican a actividade da corteza visual

Logran por primeira vez a edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro

A USC participa nun estudo internacional liderado dende Galicia que supón un avance significativo na loita contra enfermidades como a tinta