Recreación da carracha Ixodes scapularis.
Recreación da carracha Ixodes scapularis.

Santiago participa na descrición do xenoma da carracha

A investigadora do Departamento de Fisioloxía Marta Tojo Castro forma parte do equipo internacional que describe o xenoma nuclear da carracha Ixodes scapularis, unha especie que transmite patóxenos causantes de diversas enfermidades e que se atopa entre as especies que transmiten unha diversidade de enfermidades infecciosas maior que calquera outro grupo de artrópodos que se alimentan de sangue.

Como se sinala no artigo publicado na revista Nature Communications, as enfermidades transmitidas por carracha están asociadas cunha alta morbilidade e miles de humanos e animais mortos anualmente. O achado deste equipo internacional abre novas vías para combater as enfermidades transmitidas por estes parasitos. O labor de Marta Tojo foi identificar familias novas de elementos transpoñibles no xenoma de Ixodes, unha das cales recibirá logo deste achado a denominación de Toxo, en alusión ao apelido da investigadora.

A especie de carracho analizado, a Ixodes scapularis, é un axente transmisor de patóxenos asociados, entre outras, a enfermidades emerxentes como a de Lyme (a doenza transmitida por carracha máis común en Europa e Estados Unidos), a anaplasmose granulocítica humana (HGA), a babesiose ou a encefalite transmitida por carrachos. Como explica o equipo de investigadores, dado que é o primeiro e único xenoma ensamblado deste parasito dispoñible ata o momento constitúe unha valiosa referencia para as análises de xenómica comparativa. O estudo levouno a cabo un consorcio internacional formado por 93 científicos, incluíndo once de diversas institucións científicas españolas.

1 comentario

  1. I have a cat who has been getting deer ticks, he gets them and we take them off. One fell off in our home berfoe we could take it off but we found it and disposed of it. Now suddenly I have found 2 crawling ticks one day apart, one on my dog and one on me. I have been thinking that the cat is bringing the ticks in and they fall off only to crawl onto my dog and me because he arrived home and in under an hr I found the ticks. Is this possible? I am so grossed out, both times were at night and while on my bed even though the cat is never in my room.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.