Venres 29 Marzo 2024

O Labcom da Coruña analizará o combustible das 650 gasolineiras de Galicia

O Laboratorio de Combustibles da Universidade da Coruña, situado no Centro de Investigación e Transferencia (CIT) no Campus de Ferrol, encargarase de analizar e de facer o control de calidade dos produtos petrolíferos galegos, como vén facendo con rigorosidade nos últimos anos, logo de que se ratificase o acordo entre a UDC e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O pasado venres, o reitor, Julio Abalde, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, amosaron ao director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, as instalacións do CIT, deténdose no Laboratorio de Combustibles (Labcom), que dirixe a profesora Coro Fernández Feal.

Publicidade

O convenio subscrito polo reitor e o conselleiro Francisco Conde, estipula un investimento conxunto de máis de 300.000 euros que permitirá manter o control sobre os produtos petrolíferos á venda da Comunidade. Realizaranse unha media de 800 análises ao ano de gasolinas, gasóleos, fuelóleos, gases licuados do petróleo (butano e propano) e gas natural de mostras recollidas nas 650 gasolineiras inscritas operativas en Galicia. O Labcom da Universidade da Coruña é o único laboratorio en Galicia que conta coa acreditación ENAC para a realización de ensaios de produtos petrolíferos o que indica o grao de profesionalización do seu persoal ademais das adecuadas instalacións ao efecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectan a presenza de microplásticos nas augas domésticas de cidades galegas

Un estudo realizado en oito cidades de España conclúe que os niveis identificados de polímeros non son prexudiciais para a saúde das persoas

Un enxeñeiro galego, no achado dun peculiar patrón na combustión de hidróxeno

O equipo no que participa Fernando Veiga, da Universidad Carlos III, descubriu que o gas debuxa estruturas fractais en espazos confinados

Os pirómanos non son a causa dos grandes incendios forestais

Nin as cabichas, nin os tendidos eléctricos nin as queimas agrícolas; estes factores só crean a ignición, pero non o incendio forestal

A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea

Científicos das universidades da Coruña e Vigo participaron no proxecto do mapa máis detallado da galaxia