Participación cidadá para conservar o patrimonio natural nas Rías Baixas

Unha investigación da USC impulsa un Código sobre Boas Prácticas empresariais en espazos da Rede Natura 2000

O proxecto ‘Ecosociedade-Participación cidadá para a mellora da  conservación da biodiversidade mariña nos espazos Rede Natura 2000 (RN2000) das  Rías Baixas’ pon o foco na conservación mariña e os seus recursos a partir do deseño dunha estratexia de participación social e empresarial na planificación e uso dos servizos eco-sistémicos (SE). No marco desta investigación, desenvolverase un Código sobre Boas Prácticas empresariais en espazos da RN2000 que incluirá un Plan de Acción para implementar unha estratexia empresarial de uso e conservación de SE.

A finalidade de Ecosociedade é a de involucrar a sociedade e máis o sector privado, nos termos de capital natural e servizos ecosistémicos (SE), para que poidan tomar parte nos procesos determinantes da protección da biodiversidade mariña. Para iso, analizarase o estado da arte respecto á contribución social e empresarial no uso dos SE nas áreas da RN2000, e cartografaranse os SE, alén de elaborar un mapeo de interacción entre actividades económicas e SE. Ademais, desenvolveranse accións para mellorar o coñecemento sobre as interaccións entre actividades humanas, os tipos de hábitat e as especies de interese comunitario.

Publicidade

Liderado pola USC, baixo a coordinación do profesor do Departamento de Economía Aplicada, Sebastián Villasante, o proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Fundación Biodiversidade. “Organizaranse talleres participativos destinados a diferentes colectivos, traballando de forma específica co sector privado e centros escolares”, explica o propio Villasante. Os investigadores están a planificar, na actualidade, as actividades participativas sempre de acordo coas directrices que marcan as autoridades sanitarias en relación coa crise da Covid-19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo

Detectada por primera vez na costa galega unha macroalga invasora tropical

Un equipo do IEO de Vigo acha un exemplar de 'Asparagopsis taxiformis' nas Rías Baixas, a cita máis setentrional rexistrada ata a data en augas europeas

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa