Os humanos xeran 100 veces máis CO2 que todos os volcáns da Terra

Un novo estudo revela o brutal impacto da civilización industrial e desbota o argumento da actividade volcánica

É un argumento clásico dos negacionistas da crise climática. Din que gran parte do dióxido de carbono (CO2) responsable do efecto invernadoiro provén da actividade volcánica. Pero é falso.

Segundo un novo estudo realizado por un equipo internacional de investigadores, as emisións humanas de CO2 suman 100 veces máis que os efectos de quecemento de todos os volcáns da Terra combinados.

Publicidade

A cantidade total emitida polos volcáns é de só 0.3 xigatoneladas ao ano, unha pequena fracción das 37 xigatoneladas que a humanidade produciu só no ano 2018.

Iso significa que os volcáns non contribúen tanto ás emisións globais como algunhas teorías sosteñen, manipulando os datos. “Os escépticos do clima sempre citan aos volcáns como unha fonte principal de emisións de CO2, pero simplemente non é o caso”, dixo Marie Edmonds, profesora de vulcanoloxía e petroloxía no Queens College de Cambridge.

Publicidade

No pasado distante, houbo incidentes volcánicos estraños nunha escala similar á produción actual humana de CO2, e resultaron catastróficos. Un deses eventos de carbono foi o impacto do asteroide Chicxulub, fai 66 millóns de anos, que os científicos estiman liberou entre 425 e 1.400 xigatoneladas de CO2. Pero o impacto da civilización industrial agora está a ter un custo comparable.

“A cantidade de CO2 bombeado á atmosfera pola actividade [artificial] nos últimos 10-12 anos é equivalente ao cambio catastrófico destes eventos que vimos no pasado da Terra”, dixo Edmonds.

“Estamos no mesmo nivel de catástrofe de carbono“, agregou Celina Suárez, profesora asociada de xeoloxía da Universidade de Arkansas.

O equipo de científicos traballa no Observatorio de Carbono, un programa de investigación global fundado en 2009. Desafortunadamente, para que a Terra nivele o dióxido de carbono na súa atmosfera, pasará moito tempo. “Se reequilibrará, pero non nunha escala de tempo que sexa importante para os humanos”, dixo Suárez. Probablemente, cando se reequilibre será tarde para a especie humana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo do CiQUS que “recicla” dióxido de carbono para lograr unha química máis sostible

O grupo liderado por Manuel Nappi publica un estudo no que se revela un novo mecanismo para activar o CO2 mediante luz

Que está a pasar esta tempada micolóxica? “Se non chove, os cogomelos non saen”

A falta de chuvias, a escaseza de humidade e as altas temperaturas atrasan a aparición das especies máis comúns nos montes de Galicia

A metade dos gases contaminantes da industria galega veñen da área da Coruña

A Coruña e Arteixo teñen catro das seis factorías que máis emisións sumaron en 2024, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica

ChatPEC: a iniciativa con selo galego que usa o sarcasmo para concienciar sobre o clima

A ferramenta en liña responde con reprimendas humorísticas para mentalizar ao público do impacto ambiental que ten a intelixencia artificial