Son moitas variables en xogo para poder facer un diagnóstico claro e preciso. Os factores climatolóxicos – salientables este ano -, forestais, sociais e económicos dos incendios en Galicia conflúen nun problema para que o non se atopa solución. Porén, hai cifras e mapas que poden, canto menos, axudar a comprender o estado da cuestión. Estes oito mapas e gráficos poden ser un punto de partida para realizar unha análise sosegada.
1. As parroquias con alta actividade incendiaria
O Pladiga (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) deste ano identifica 73 parroquias con alta actividade incendiaria (PAAI), repartidas en 46 concellos, en base a dous criterios: o número de incendios reiterados e a virulencia dos lumes. Nas PAAI débense realizar, segundo dita o Pladiga, un seguimento exhaustivo e medidas extraordinarias de prevención e vixilancia.
A relación completa pode consultarse na páxina 96 no Pladiga, na seguinte ligazón.
2. O despoboamento
Outra das causas ás que se alude para intentar explicar os incendios é o grao de despoboamento do rural galego, co conseguinte abandono dos montes e pasteiros. Para establecer criterios estándar que expliquen a demografía a nivel europeo, a UE creou, entre outras variables, unha que mide o grao de urbanización do territorio. Así, existen zonas densamente poboadas, zonas intermedias e zonas pouco poboadas. Estáblecense tamén subcategorías en cada unha destas zonas para acotar a realidade de cada parroquia. O Instituto Galego de Estatística publica de forma periódica esta radiografía parroquial do territorio galego:
3. Risco de ignición forestal
Hai uns meses, GCiencia daba conta do traballo do xeógrafo galego Alejandro Gómez Pazo. Como parte do seu traballo de fin de máster na universidade de Alcalá de Henares, este investigador desenvolveu un mapa cun modelo de risco de ignición forestal en Galicia. Tiña en conta factores climatolóxicos, naturais e humanos. É salientable o nivel de coincidencia do modelo coas zonas afectadas pola vaga de lumes de mediados de outubro.
medioambiental/modelo-risco-incendio-galicia/
4. Eucaliptos, piñeiros, carballos
A relación entre as zonas queimadas e o tipo de especies tamén amosa datos interesantes. O Eucalyptus globulus ocupa a franxa atlántica, cunha destacada presenza na Mariña de Lugo, onde hai constancia de poucos incendios importantes nos últimos anos. O Pinus pinaster distribúese de forma máis homóxenea, mentres que o Quercus robur medra a medida que se achega a zona oriental de Lugo e Ourense.
Hai que ter en conta tamén unha variable que non aparece no mapa: a superficie de monte raso.
5. O que ardeu en 2017
Os sensores do programa Copernicus da Axencia Espacial Europea ofreceron estes días unha imaxe aproximada, aínda que non exacta, dos lumes que afectaron ao noroeste da Península. O seu visor tamén permite ver os incendios que tiveron lugar nun determinado territorio no que vai de ano. Esta é a panorámica sobre Galicia, na zona na que se localizaron os grandes incendios de 2017).
6. O territorio protexido
Existe un longo debate sobre a relación entre os lumes e a necesidade de ampliar as zonas protexidas. Galicia ten unha porcentaxe do territorio (12%) en Rede Natura sensiblemente inferior ao conxunto de España (27%). E aínda así, varios emblemas destas zonas protexidas arderon nos últimos anos: o Xurés, os Ancares, o Courel, as Fragas do Eume, o Monte Pindo ou Corrubedo sufriron o fogo, en maior ou menor medida.
7. Lumes, hectáreas, monte raso, monte arborado
Fálase bastante de hectáreas queimadas, superficies arboradas e tipos de especies. Pero cómpre tamén prestar atención a máis aspectos. Ademais, a Xunta non informa oficialmente dos lumes inferiores a 20 hectáreas, aínda que a cifra total de cada ano si aparece no Pladiga. No plan tamén se amosa a media de superficie queimada por lume e a relación entre a cantidade de zonas rasas e arboradas que arden nos últimos decenios.
Chama á atención que nos últimos 30 anos, só nunha ocasión ardeu máis monte arborado que raso. Foi noutro ano infausto: o 2006. E outro dato salientable: menos do 4% dos lumes rexistrados superan as 25 hectáreas. É dicir, só se informa públicamente de menos do 4% dos lumes que se rexistran en Galicia.
8. Así é a superficie arborada galega
As zonas de piñeiro, a árbore que máis arde, xunto ao eucalipto, ocupan un 39% da superficie forestal arborada en Galicia, sempre segundo datos do Pladiga. Séguena, como se pode ver na torta baixo estas liñas, o propio eucalipto, as carballeiras, as reboleiras e os soutos.
Como hipótese de traballo deberamos incorporar un noveno mapa, coas rutas do narcotráfico dende Oporto a Asturias. Polo que a estes 8 mapas compriríalle unha AMPLIACIÓN coa cartografía dos incendios en Portugal.
O dato que aporto é aparición dun submarino abandonado nas illas Cïes ao remate dos 14 días de inferno de 2006, e outro dato de interese para defender a hipótese do narcotráfico é que nas dúas ocasións (2006 – 2017) os incendios producíronse en lúa nova (cando a visibilidade nas costas é moi reducida) e así as descargas fanse con maior seguridade e as RUTAS quedan libres para introducir containers de cocaína ata o corazón de Europa (sen risco algún) pois todos os corpos de seguridade non dan abasto ante o PÁNICO que produce o lume arredor das casas…
Os datos existen, pero esta HIPÓTESE nunca foi investigada a fondo, entre outros motivos porque a Fiscalía sempre mirou cara outro lado, por non dicir que botou terra ao asunto disque por falta de probas…
¿Que pensan que o mundo do narcotráfico vailles ofrecer as probas gratuítamente?
Insisto que cos mapas de Portugal abriríase unha explicación: 2006 os incendios siguen a liña norte-sur (autoestrada) e en 2017 os incendios semellan buscar unha liña suroeste-este (por estrada-autovía) ?
Se tivesmos máis datos igual atopabamos unha explicación sensata para tanta BARBARIE !
Bajo mi punto de vista las comunidades forestales están caducas, plan de mantenimiento todo el año, forestales a caballo controlando y otros a pie trabajando. Seguro obligatorio para propietarios de eucaliptales. Promoción de manufacturas de castañas, nueces, manzanas y frutos del bosque. Sinceramente soy de Madrid llevo 30años en Galicia, mis hijos varones (36 y 30 años) con sus respectivas novias han tenido que irse a Madrid, por trabajo. Tenemos que cambiar, de una vez, la gestión de nuestros montes, si no, no tendremos futuro, y está muy cerca. Gracias, os sigo.