Unhas obras en Monforte ameazan a gralla pequena, unha ave rara en Galicia

As obras de restauración que se están a levar a cabo na igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos, poderían ter consecuencias para unha ave rara en Galicia, a gralla pequena (Corvus monedula). Segundo informa a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), o peche dos machinais da fachada sur da igrexa “van impactar gravemente sobre a conservación da única colonia coñecida de grala pequena no Val de Lemos, que xa consta duns efectivos moi reducidos: apenas seis parellas nidificantes en 2013.

Só quedan doce colonias da especie “Corvus monedula” en Galicia

Ante isto, a SGO enviou escritos ás ás direccións xerais de Patrimonio Cultural e de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia alertando dos riscos destas actuacións. A entidade cita un estudo propio de 2013, no que se viu que só quedaban en Galicia doce colonias da especie, actualmente en regresión en toda España.

Publicidade

 

Engade a SGO que se da “a circunstancia que o recubrimento das fachadas con morteiro de cal e o rexunte dos elementos de cantería, non son solucións construtivas aceptadas unánimemente por especialistas na materia, como é o caso da doutora de arte monfortina Manuela Sáez”.

Ante isto, a sociedade ornitolóxica “esixe que se cumpra a lexislación que protexe a nidificación de aves silvestres e solicita que, nas obras de restauración, se contemple a conservación da colonia de gralla pequena, así como doutras aves que poidan nidificar na mesma, especialmente cirrio común (Apus apus), lagarteiro (Falco tinnunculus) ou
curuxa (Tyto alba), das que se detectaron indicios de reprodución.

Publicidade

Solucións

Ante isto, a SGO propón actuacións máis respectuosas ao seu xuízo coas aves que habitan a zona. “As mellores solucións pasarían por impermeabilizar os machinais sen provocar o seu peche pero deben ser obxecto dun estudo específico a desenvolver polos promotores”. Conclúen que hai exemplos na restauración do patrimonio, como o “da muralla de Lugo ou a ponte romana de Ourense, demostran que aves e patrimonio histórico-artístico non son incompatibles cando as administracións públicas teñen vontade e mostran determinación para cumprir a
lexislación”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento