Un voitre negro sorprende na cidade de Vigo

Un exemplar adulto de voitre negro (Aegypius monachus) espertou a sorpresa dos veciños do centro de Vigo. A xigantesca ave duns tres metros de envergadura (25 cms máis que o voitre común) foi atopada voando polas rúas céntricas ou nos tellados da zona da praza de España. Semella ser o mesmo exemplar que fora avistado días antes en Panxón (Nigrán).

Este voitre mudou o seu hábitat natural, en fragas de montaña, polas antenas parabólicas dos tellados vigueses. É habitual do Sur de Europa, pero non en Galicia. En España a súa poboación medrou de 200 parellas reprodutoras en 1970 a case mil en 1992. Todo indica que este exemplar abandonou o seu territorio natural que pode chegar ata a provincia de Zamora, na busca de novos territorios. E rematou nas Rías Baixas. O voitre negro habita en xeral en montañas e outeiros arborados, pero voan en campo aberto cando procuran alimento. Son animais solitarios, o que encaixa coa única presenza deste animal.

Publicidade

A realidade é que os voitres están a aumentar a súa presenza en Galicia nos últimos tempos. En especial, hai unha forte colonia establecida na serra do Suído, entre Pontevedra e Ourense, que medra sobre todo en temporada de verán.

Aquí podes ler a nosa recente reportaxe sobre a maior presenza de voitres en Galicia nos últimos anos.

Publicidade

medioambiental/os-voitres-en-galicia-son-para-o-veran/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz