O outono comeza o xoves 22 de setembro ás 16.21 horas

O outono comezará este xoves 22 ás 16.21 horas e prolongarase ata as 11.44 horas do 21 de decembro. Dende o punto de vista astronómico, nesta estación destaca a choiva das Xeminidas, cun máximo o 14 de decembro. Ademais, outras choivas de meteoros asociadas a esta época do ano son as Dracónidas (8 de outubro), as Oriónidas (21 de outubro) e as Leónidas (17 de novembro).

O día 14 de novembro producirase unha Superlúa, ao coincidir a fase chea coa posición máis próxima do satélite á Terra (perixeo). Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, xa a mediados de decembro “haberá unha curiosa aliñación ao solpor dos planetas Mercurio, Venus e Marte”.

Publicidade

O verán que remata foi un dos máis secos da serie histórica

Na estación que comeza, será posible observar o planeta Mercurio no amencer ata finais de outubro e logo do solpor a partir de novembro, con condicións óptimas (máxima elongación) o 28 de setembro nas primeiras horas da mañá e o 11 de decembro nas primeiras da noite, en tanto que Saturno, agora moi preto de Marte, irá desaparecendo nas vindeiras semanas. Pola contra Xúpiter, visible antes do amencer a partir de outubro, irá saíndo cada vez antes ata verse durante a segunda metade da noite a mediados de decembro. Varias conxuncións planetarias e coa Lúa completan os fenómenos astronómicos máis sobranceiros do próximo outono.

Logo dun inverno e primavera moi chuviosos, o verán que agora remata foi un dos máis secos en Santiago nas últimas décadas, só interrompido pola torrencial noite do 12 ao 13 de setembro, con 56,3 l/m2, a segunda xornada en Santiago con máis precipitacións no que vai de ano, logo de que o 7 de xaneiro se recolleran 88,6 l/m2. Dende o 25 de setembro de 1998 (63,6 l) non houbera neste mes de setembro un día tan chuvioso.  Ata o momento, lévanse colectados 1.510 l/m2, sendo 1.840 l/m2 a media anual nos últimos 35 anos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Que está a pasar esta tempada micolóxica? “Se non chove, os cogomelos non saen”

A falta de chuvias, a escaseza de humidade e as altas temperaturas atrasan a aparición das especies máis comúns nos montes de Galicia

Tres cogomelos velenosos que debes aprender a identificar este outono en Galicia

Ao inicio da tempada de rutas micolóxicas cómpre coñecer as características e efectos dos fungos máis perigosos dos bosques galegos