O lobo mariño Camelle xa viaxa á liberdade en augas de Irlanda

O lobo mariño Camelle volve ao mar, despois dunha tempada de recuperación na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). A historia en terra deste animal comeza o 21 de febreiro, cando foi rexistrada a presenza dun lobo mariño cincento, macho de 17 kg, con signos evidentes de feridas na localidade camariñán de Camelle. Logo de desprazarse ata o lugar a Unidade móbil da Rede de Varamentos de Galicia, xestionada pola CEMMA, o equipo veterinario decidiu o seu ingreso na UCI de Nigrán habida costa das lesións abertas que presentaba.

camelle 2

Ademais das diversas feridas, presentaba unha contusión ocular con perda de visión do ollo esquerdo e unha forte afección pulmonar.

Publicidade

A segunda fase da rehabilitación, previa a súa liberación no mar, levouna a cabo nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA). Alí estivo atendido polo alumnando e profesorado do centro, baixo a supervisión da CEMMA, incorporando esta actividade a súa formación.

Na mañá de hoxe luns, Camelle foi embarcado no arrastreiro ‘Ferreira Martínez‘, como derradeira fase da súa volta ao mar. O barco achegará ao lobo mariño ata o sur de Irlanda onde será liebrado.

Publicidade

Estas actividades de asistencia á fauna mariña ameazada lévanse a cabo no seo da Rede de Varamentos participada pola Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia e executadas pola CEMMA.

A tempada de lobos mariños vai de finais de ano a marzo do ano seguinte. Dende a CEMMA aseguran que a tempada actual foi “especialmente tempraneira xa que, onde nos anos anteriores os exemplares comezaban a aparecer co novo ano, desta volta empezaron a aparecer a principios de novembro de 2015″. Entre novembro de 2015 e febreiro de 2016 foron rexistrados seis casos de lobo mariño ciencento (Halichoerus gripus) en Galicia.

Un exemplar baixou á praia de Lariño en Carnota, mais, ao sentirse observado, voltou ao mar non sendo visto de novo. Outro foi rexistrado na costa da Coruña mais tampouco precisou ser recollido. Un foi capturado na Mariña Lucense. Outro varou, xa morto, na praia de Bentín, Muros. Finalmente  dous exemplares vivos foron recollidos na praia de Bens e en Camelle. No caso do lobo mariño da praia de Bens non sobreviviu aos primeiros días da rehabilitación.

A historia de Camelle foi a máis exitosa de todas as que viviu este ano a CEMMA no rescate destes mamíferos mariños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'