Venres 19 Abril 2024

O dragado ecolóxico é posible

Dous anos despois da súa presentación, ECODRAGA é unha realidade.  Naceu co obxectivo de realizar unha limpeza ecolóxica por succión dos fondos mariños, que incluíse ademais un sistema de vertedura do material no mar co menor impacto por dispersión dos dragados. O proxecto fixo balance este mércores da súa traxectoria nunha xornada celebrada no CETMAR, que contou coa participación do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, que gabou o “traballo e esforzo investigador” das entidades empresariais, académicas e e do Centro Tecnolóxico do Mar na posta en marcha deste programa.

ECODRAGA naceu en 2012, co financiamento do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial a través do programa Innterconecta, e coa participación da Fundación CETMAR, a consultora Centro de Investigacións Submariñas, o estaleiro Nodosa, a firma de Dragados Canlemar e tres grupos de investigación da Universidade de Vigo e un da Universidade da Coruña. No caso da Universidade de Vigo, colaboraron no proxecto, ademais do grupo CIMA, o grupo SONITUM, que investiga no eido do son, e o grupo de procesado de imaxe e realidade virtual, GPI_RV, dirixido por Xulio Fernández Hermida.

Publicidade

dragado creadores
Alba Vázquez e Xulio Fernández Hermida.

Á vista dos bos resultados do proxecto, Hermida insta ás autoridades a adoptar este sistema de dragado ecolóxico. “O apoio que estamos a recibir por parte das administracións é moi positivo, ata o punto que se está a abordar un cambio de normativa que contemplará un dragado ecolóxico”, explica o investigador, que confirmou a solicitude dunha axuda europea Life+ para fomentar a difusión do proxecto.

ECODRAGA limpa os fondos mariños por succión e verte sen dispersión

De solución “eficiente e sostible” cualificou o presidente de Portos de Galicia o sistema ECODRAGA, ao tempo que incidiu na importancia das dragaxes nas contornas portuarias para facilitar a actividade marítima. José Juan Durán destacou o compromiso que Portos de Galicia e a Xunta manteñen “coa aplicación das técnicas e tecnoloxías máis innovadoras, expoñentes do I+D galego”.

Pola súa banda o responsable do proxecto na Fundación CETMAR, Rubén Rodríguez, explicou algúns dos detalles máis salientables da ECODRAGA, que conta cunha cántara ecoloxica para o control do reborde da auga durante os traballos de extracción, cun sistema de vertido que permite a xestión dos materiais en función da súa caraterizaión e un sistema de control que reduce a turbidez e aumenta a precisión do dragado.

Na xornada celebrada no CETMAR, Rafael Outeiral, representante de Nodosa, centrouse nas modificaións estructurais, mentres que Alba Vázquez de Canlemar e Xulio Fernández Hermida, abordaron a aplicación do sistema nas tarefas de dragado. Pola súa banda, nunha sesión na que tamén se trataron os regulamentos de xestión de dragados, a súa clasificación e xestión, Carlos Durán representante do CIS, centrouse nas melloras ambientais que supón a aplicación da ECODRAGA.

1 comentario

  1. btt:Estoy muy de acuerdo con las agoiaclenes, creo que tienen toda la razf3n. Ademe1s no se pueden poner puertas al campo, perdf3n, al redo. Creo que aunque lo draguen en la primera riada que se produzca los depf3sitos tendere1n a acumularse donde me1s profundidad haya y estaremos en la misma situacif3n (las aguas siempre vuelven a su cauce).Los planes de rios navegables quedan muy bonitos en los papeles, pero afan no se han enterado de que el Ebro es un redo mediterre1neo con sus crecidas y sus estiajes y que arrastra multitud de sedimentos que le confieren ese aspecto tan particular de galachos y mejanas.Una cosa me1s, creo que el problema de fondo de e9ste y otros asuntos parecidos es la poca independencia de los organismos reguladores y consultores, que doblan sumisos el espinazo ante el poder que los ha colocado. Ased se explica que Patrimonio, que paralizf3 durante tantos meses obras como el puente del Canal Imperial en el Barranco de la Muerte o la reforma del Paseo de Independencia, ventile el asunto del Puente de Piedra mientas se toma un cafe9.Lo mismo dire9 de Medio Ambiente que parece que han hecho el Estudio de Impacto Ambiental echando un vistazo desde el Puente de Piedra y como no vieron ningfan bicho, pues venga, visto bueno. Nada se dice de la repercusif3n que tendre1 el recrecimiento sobre las muchas especies de aves protegidas que anidan en los islotes y orillas del Ebro en el tramo a inundar.El tiempo corre, las obras de drenaje y rebaje del puente hay que terminarlas pronto y aqued todos miran para otro lado. Por imperativo oficial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego busca solucións ao ruído mariño: “As ameixas agóchanse para protexerse”

Instalan equipos preto de Cortegada para rexistrar a contaminación sonora e barallan a implantación de motores eléctricos como alternativa

Enxeñeiros de Lugo idean portos autosuficientes con fontes renovables

Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC participan nun proxecto europeo dotado con 2,6 millóns de euros

O proxecto Cockles: novas forzas para a industria do berberecho

A iniciativa europea, financiada con 3,6 millóns de euros, busca mellorar a xestión do recurso e combater as enfermidades que o danan

Científicos e armadores colaboran para evitar as capturas accidentais de aves na pesca

O proxecto "Espantaves" está impulsado pola Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, o Cetmar e a Fundación Biodiversidad