Un novo furacán desprázase polo Atlántico con capacidade de xerar unha DANA en Galicia

Os meteorólogos advirten dun cambio da circulación atmosférica a medio prazo que cambiará o tempo na península

Os expertos coinciden: a situación meteorolóxica desta semana está chea de incerteza e o escenario que se debuxa para Galicia volve ser difícil de predicir. A atención está posta no furacán Fiona, que deixou “inundacións catastróficas” en República Dominicana e agora está a azoutar Porto Rico. Segundo explica o meteorólogo Juan Jesús González Alemán, experto da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Fiona ten capacidade para alterar a circulación atmosférica. Iso significa que, a medio prazo, pode producirse un cambio de tempo en Galicia.

“Empezan os modelos a simular escenarios dunha potente DANA chegando á península. Isto é así porque están vendo a potencial transición extratropical vindeira, de Fiona, na conca oeste do Atlántico”, explica o meterólogo da AEMET na súa canle de Twitter. Malia que é un “escenario plausible”, González Alemán recorda que este tipo de fenómenos son moi difíciles de predicir. De producirse, podería ser un proceso semellante ao que aconteceu en 2019, cando se xerou unha DANA de “gran impacto” relacionada coa transición extratropical de Dorian.

Publicidade

Gráfico que ilustra a capacidade de Fiona para cambiar a circulación atmosférica. Crédito: J.J. González Alemán

De feito, o meteorólogo recalca que a chegada da DANA á península é un escenario que “gaña potencial”. “Porén, os modelos irán dando tombos respecto a como nos afectaría ata que saiban ben que ocorrirá coa transición extratropical do furacán Fiona. De momento, espérase que poida ser moi intensa, resultando nun gran impacto no fluxo de latitudes medias”, continúa explicando o meteorólogo. Ao tempo, recorda as consecuencias que está a deixar Fiona ao seu paso pola República Dominica e Porto Rico, causando “un gran impacto”.

A predición que sostén González Alemán é semellante á de Juanjo Villena, experto de Meteored. Segundo explica, Fiona é nestes momentos un furacán de categoría 1 con ventos máximos sostidos de 140 km/h. “Despois irá cara ao noreste e pode zarandear o chorro polar”, apunta dende o Twitter. Como resultado deste proceso, é probable que o tempo en España cambie, polo menos a medio prazo. Amais diso, Villena explica que o ascenso da borrasca —froito da extropicalización de Fiona— parece que estenderá a cuña anticiclónica ata Groenlandia. “Ese movemento podería ondular o chorro polar sobre as illas británicas e talvez de aí saír unha DANA rumbo á península”, conclúe.

Publicidade

Que é unha DANA

Se o prognóstico dos meteorólogos se cumpre, cabería preguntarse como podería afectar a Galicia. Segundo a AEMET, as letras de DANA fan referencia a Depresión Illada en Niveis Altos. Máis polo miúdo, é un sistema de baixa presión nos niveis altos da atmosfera, que se separou por completo do fluxo da zona en altura. Unha das súas características é que, a veces, non se despraza cara ao este como as borrascas ordinarias, senón que permanece case estacionaria durante varios días, ou incluso pode moverse de maneira oposta ao fluxo zonal do oeste. Por norma xeral, deriva en chuvias intensas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

O quentamento do océano reduce a talla de madurez da pescada europea

Unha análise histórica apunta unha diminución de catro a nove centímetros no tamaño reprodutivo da especie, con reducións máis acusadas no Atlántico

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira

Da ansiedade ao estrés postraumático: as consecuencias emocionais dunha catástrofe ambiental

Sentir tristura, medo ou irritabilidade son respostas normais ante unha traxedia pero se dura demasiado ou incapacita é necesario apoio psicoterapéutico