Martes 19 Marzo 2024

Transformar metano en CO2: a nova proposta contra o efecto invernadoiro

Un equipo de científicos de Stanford propón o uso de grandes ventiladores para reducir o nivel de CH4, que ten un efecto máis potente ca o outro gas

Ao falarmos de efecto invernadoiro, a case todo o mundo lle vén á cabeza o CO2 (dióxido de carbono), un gas que a actividade humana liberou a atmosfera en grandes cantidades. Porén, outros gases, como o metano (CH4), teñen, nas mesmas proporcións ca o CO2, un impacto maior como axente causante do efecto invernadoiro. Non en tanto, ao estar nunha concentración moitísimo menor na atmosfera (arredor de 200 veces menos) a súa pegada en termos absolutos é menor. Non en tanto, a situación podería empeorar no futuro debido ao aumento de emisións, e os científicos están valorando novos camiños para contarrestar o problema.

Nun comentario publicado esta semana en Nature Sustainability, un grupo de investigadores da Universidade de Stanford propón unha solución rompedora: capturar a maior cantidade posible de metano para transformalo en dióxido de carbono e, deste xeito, reducir o impacto global dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera.

Publicidade

Esponxas e ventiladores con zeolita

Coas tecnoloxías actuais, o metano é difícil de capturar da atmosfera debido á súa baixa concentración, pero os investigadores propoñen unha solución: o uso da ceolita, un material que podería actuar como unha esponxa para capturar metano. Xunto a isto, a instalación de ventiladores eléctricos nas zonas de emisión de metano, nos que se utilizarían unha especie de filtros de ceolita, podería xerar as reaccións necesarias de oxidación para formar CO2 a partir de CH4.

Esquema dos ventiladores con ceolita que poderían transformar o metano en dióxido de carbono. Fonte: Jackson, et al. 2019 Nature Sustainability / Ilustración de Stan Coffman.
Esquema dos ventiladores con ceolita que poderían transformar o metano en dióxido de carbono. Fonte: Jackson, et al. 2019 Nature Sustainability / Ilustración de Stan Coffman.

A proposta, por agora, está lonxe de poden materializarse debido aos altos custos. Anteriormente xa se descartou a posibilidade de capturar CO2 da atmosfera debido ao gran desembolso que suporía, pero os riscos asociados ao quecemento global poderían impulsar que se levasen a cabo estes novos proxectos. “As ceolitas e outras tecnoloxías deberían terse en conta e ser avaliadas para reducir as concentracións de metano na atmosfera de 1.860 partes por billón (ppb) a niveis preindustriais de 750 ppb“, expoñen os autores no seu comentario. Engaden que “o obxectivo da restauración atmosférica proporciona un marco positivo para o cambio nun momento no que se necesita desesperadamente a acción climática“.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas

Galicia rexistra o cuarto inverno máis cálido en 60 anos

As precipitacións foron un 18% superiores ao habitual para este período, sendo especialmente abondosas en febreiro

A UDC propón políticas de transición enerxética para 13 rexións con altas emisións de CO2

O proxecto europeo ENTRANCES, liderado dende a institución coruñesa, estudou 13 zonas europeas en proceso de descarbonización

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes