Unha londra no campus de Vigo

Entre o olor a terra mollada e o rumor das árbores, a londra emerxe na lagoa da Facultade de Filoloxía e Tradución, un ecosistema especialmente favorecido polas últimas choivas. A presenza deste mustélido do campus vén de confirmarse nos últimos días, aínda que non é unha sorpresa para os técnicos de medio ambiente da Universidade de Vigo. “O ano pasado pensábamos que podería haber unha londra porque observamos algunhas pegadas, pero agora xa o confirmamos ao ver o animal”, indica Sergio Ramos, técnico superior da Oficina de Medio Ambiente, que explica que posiblemente este exemplar marchase do campus pola seca e que agora regresa a estas augas polas intensas precipitacións das últimas semanas. O feito de que a londra se traslade ata a contorna da Universidade é, segundo o persoal técnico, un indicativo da boa saúde que ten o ecosistema do campus, despois de que non se avisaran aquí este tipo de animais en moito tempo.

A londra foi avistada por primeira vez o pasado mércores. Foto: Duvi.
A londra foi avistada por primeira vez o pasado mércores. Foto: Duvi.

Foi o mércores da semana pasada cando o persoal da Oficina de Medio Ambiente confirmou o que levaban tempo sospeitando, a existencia dun novo habitante na Universidade. A londra é un mamífero da familia dos mustélidos, especie carnívora de costumes esencialmente acuáticas. Segundo se puido constatar a través dos restos de excrementos, a alimentación da londra viguesa inclúe cangrexos vermellos, unha especie invasora presente no campus, polo que “tamén nos presta axuda nese sentido”, apunta Ramos. No mesmo plano, considera que “é probable que fora a propia londra a que acabase coas carpas da lagoa da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais”.

Publicidade

Tendo en conta que, seguramente, este exemplar proveña dunha zona próxima e, de forma máis concreta, dos arredores do río Zamáns, o técnico da OMA agarda que “oxalá veñan máis londras e non nos quedemos so nunha mostra deste carnívoro”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos