A Illa de Tambo, toda unha vida pechada ao público

A Deputación de Pontevedra impulsa visitas a este recuncho da ría de Pontevedra, cuxa xestión non dependía do Concello ata o ano pasado

A Illa de Tambo, pixelada por Google Maps por razóns descoñecidas, era o segredo mellor gardado de Poio. Cando menos, ata 2015, ano no que a Asociación Irmandade Illa de Tambo comezou a promover visitas a este espazo mediante un permiso concedido pola Escola Naval Militar de Marín (ENM), quen estaba autorizada para o seu uso naquel momento. Porén, non foi ata o ano pasado Concello asumiu a súa xestión —ata entón responsabilidade do Ministerio de Defensa— e abriuna ao público. Este ano, o programa Bosques Terapéuticos da Deputación de Pontevedra recupera as súas visitas, cun percorrido de 2,5 quilómetros e unha hora e media de duración. A última foi o domingo 23 de abril e a seguinte será o sábado 20 de maio, partindo desde o porto de Combarro.

Durante a ruta, rexistrada por un usuario en Wikiloc, queda rexistrada a pegada dos diferentes momentos históricos que forman parte da memoria do espazo. O percorrido pasa polos restos dun lazareto, sobre a que hai diferentes versión sobre as causas que motivaron a súa construción e posterior desaparición. Illado nun saínte do entorno, está o faro de Tambo, tamén coñecido como o faro de Tenlo Chico. Posúe unha torre de 20 metros e pintada para dotala de visibilidade. Crúzanse de igual forma no camiño a capela de San Miguel, que foi destruída no ataque do pirata Francis Drake á illa, ou edificacións destinadas ao uso militar, como un polvorín.

Publicidade

A igrexa de San Miguel. Crédito: Deputación de Pontevedra

No que atinxe á vexetación, o espazo acusa unha forte presenza de eucalipto e acacia, pero aínda así é un lugar especial para encontrarse con elementos naturais fermosos, como é o caso da praia Area Grande e o seu sistema de dunas, “que son preciosos de sentir”, segundo os guías encargados da primeira visita no marco de Bosques Terapéuticos. Tamén destacan os taffonis e o patrimonio construído é abundante e inclúe albergue e os peiraos, ademais dos elementos antes mencionados.

A inscrición debe facerse a través dun formulario en liña da Deputación de Pontevedra. En caso de non poder asistir, deberá comunicarse antes do peche de solicitudes (dous días antes da realización da actividade ás 12.00) a través do enderezo electrónico medioambiente@depo.es. As persoas que non asistan á actividade ou renuncien a ela fóra do prazo establecido serán sancionadas e non poderán participar máis no programa. Tampouco pode facerse a mesma ruta máis dunha vez.

Publicidade

Esta actividade realizarase en outros lugares da provincia de Pontevedra, en concreto no río Eifonso (Vigo), (Poio), no Roteiro da Pedra e da Auga (Meis), na ponte colgante do Lérez (Pontevedra), e, como novos roteiros, no lago Castiñeiras (Vilaboa, Marín), na Carballeira de San Xusto (Cerdedo-Cotobade) e na fervenza de Ou Toxa (Silleda); cada unha delas adaptarase ao patrimonio cultural e natural de cada municipio para que a propia terapia convértase nun recurso de ecoturismo adecuado a cada estación do ano. Hai cinco datas máis programadas para a visita da Illa de Tambo para o 20 de maio, 25 de xuño, 2 de xullo, 22 de xullo e 6 de agosto.

Pixelada en Google Maps sen motivo aparente

A concesión demanial pola que agora é Concello o encargado de xestionar a Illa está vixente desde o 1 de marzo do 2022 por un prazo de 25 anos, prorrograble a 75. Esta é unha marxe suficiente para que a administración poida continuar as xestións para completar o traspaso da titularidade de Tambo de xeito definitivo. A Illa estaba, ata o ano pasado, xestionada polo Ministerio de Defensa, pero levaba 20 sin ser usada de forma militar. Durante ese tempo, a Asociación Irmandade Illa de Tambo presionou mediante a súa presenza medios de comunicación e redes sociais para a súa xestión municipal, ademais das múltiples actividades de divulgación que desenvolveu —e segue facendo— para difundir o valor dos seus recursos históricos e naturais.

A Illa de Tambo pixelada na vista de Google Maps. Crédito: Google Maps

O primeiro instinto pode levar a pensar que o anterior uso militar da illa era o motivo polo que aparece borrosa na vista de Google Maps. Porén, a Escola Naval Militar de Marín (ENM) descoñecía este feito ata que o Faro de Vigo lle preguntou por el, segundo recolleu o diario local nunha información publicada en agosto do ano pasado. Esta base da Armada, que se amosou sorprendida, negou calquera posible vinculación co difuminado das imaxes satelitais. Tambo aínda está na xurisdición militar da ENM, onde o seu alumnado realiza algunha práctica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

Pontevedra prepárase para a eclipse de agosto cunha rede de observación integrada por 42 concellos

O proxecto ‘Baixo o Ceo das Rías Baixas’ impulsa o astroturismo e promove espazos organizados para seguir o fenómeno astronómico do ano