Galicia rexistrou un outubro extremadamente cálido e moi húmido

Tanto as temperaturas máximas como as mínimas foron moito máis altas do agardado, igual que o número de días de chuvia e a súa intensidade

Este outubro quedou caracterizado polas altas temperaturas na primeira metade do mes. Ata o día 12, as altas presións no norte da península achegaron aire cálido procedente da África setentrional e trouxeron unha estabilidade que non se rompería ata o 13. Neste momento, a situación cambiou bruscamente pola entrada da primeira borrasca activa, que deixaba chuvias xeneralizadas en toda a comunidade e daba paso a unha tempada moito máis suave que non chegou a compensar a calor das dúas primeiras semanas.

Así, do día 15 ata o final de outubro, sucedéronse varias borrascas, entre as que destacaron Babet, Aline, Celine e, en menor medida, Bernard —que apenas afectou a Galicia—. Ademais de intensas precipitacións, ocasionaron fortes ventos que marcaron a segunda metade do mes. En definitiva, máis días de chuvia e moita máis precipitación acumulada do que a media histórica podía invitar a esperar desta época.

Publicidade

Por zonas, os valores de temperatura máis elevados recolléronse nas ribeiras do Sil e o Miño ourensán, cuxa temperatura máxima oscilou, de media, os 22,9 e 23,7 ºC. Pola contra, os máis baixos, comprendidos entre 15,3 e 17,5 ºC, rexistráronse nas zonas máis elevadas da comunidade, como son as Serras do Courel, de Queixa ou de Eixe.

As precipitacións, ao mesmo tempo, tamén foron moito máis elevadas do agardado. A pesar de que os primeiros 12 días foron secos, as borrascas consecutivas ata final de mes fixeron que a precipitación media acumulada acadase os 389 l/m2, dándose os valores máis altos na vertente atlántica, onde o máximo absoluto foi superior aos 1000 l/m2. Con respecto ao período de referencia 1981-2010, as chuvias acumuladas de forma xeneralizada en toda a comunidade foron un 127% máis altas que a media, tendo só un precedente máis húmido no ano 1987. De igual xeito, para o caso da temperatura media, a anomalía foi de +2,7 ºC, só superado en toda a serie polo ano 2014, polo que a conclusión é que este mes de outubro foi extremadamente cálido e moi húmido.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual