Galicia marca 24 graos en febreiro: “Seguiremos con temperaturas por enriba da media climática”

Os ventos de compoñente sur elevan os termómetros na comunidade a pesar da entrada de borrascas atlánticas

Os termómetros galegos superarán nesta xornada —que supón o ecuador de febreiro— os 20 graos. Os valores son excepcionalmente altos para esta época do ano e semellan un ambiente de verán en lugares como Vigo e Pontevedra, que acadarán os 24 graos. Esta situación atmosférica vén derivada da influencia do aire africano, aínda que os ventos de compoñente sur non implican tempo solleiro. De feito, Galicia atópase nunha situación intermedia entre as altas presións do Mediterráneo e as borrascas atlánticas e na comunidade chove dende hai días. A pesar da entrada de novas frontes, os valores serán elevados para darse en pleno inverno. Cales son as causas?

Segundo explican dende MeteoGalicia, Galicia ubícase nunha “configuración atmosférica” que provoca que as temperaturas sexan altas. Normalmente, a composición típica do anticiclón do mes de febreiro radica en: o centro de altas presións sitúase ao oeste de Portugal con ventos predominantes do nordés que traen aire frío, tanto de orixe polar como ártica. Por iso, na actualidade, as medias de temperaturas máximas para febreiro poden variar entre os 13 e 15 graos dependendo da zona. “Tanto hoxe como os próximos días o anticiclón estará situado ao sur de Galicia, estamos na parte que nos impulsa vento do sur. Aínda que o xoves pase unha fronte non imos estar con temperaturas tan elevadas, pero seguiremos con valores por enriba da media climática do mes de febreiro”, apuntan dende o organismo autonómico.

Publicidade

“Estamos en medio dun bloqueo anticiclónico. É algo chamativo, anecdótico, pero a realidade é que as horas do día nas que temos esas temperaturas tan altas son moi poucas”, apuntan.

A fronte fría que atravesará á comunidade o xoves deixará os ceos cubertos con chuvias persistentes pola mañá e de maneira intermitente pola tarde. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con todo, as máximas estarán situadas arredor dos 17 graos. Será unha borrasca moi pouca activa, polo que non hai alertas en terra ou mar. O venres Galicia volverá estar baixo a influencia das altas presións. “A fin de semana recupéranse temperaturas normais para o mes de febreiro, non haberá frío pero si un ambiente fresco”, apuntan dende o organismo. Así as cousas, agárdase unha fin de semana maioritariamente seca, aínda que os ceos estarán cubertos. As temperaturas baixarán de maneira más acusada nas mínimas. Tamén haberán bancos de néboa localmente persistentes.

Publicidade

O sábado agárdase unha situación similar, con predominio das altas presións centradas sobre a península ibérica con ventos do compoñente sur. Agárdanse orballos na franxa atlántica e nubes baixas durante toda a xornada. De cara a semana que vén, MeteoGalicia apunta que a semana comezará con influencia anticiclónica, con pouca probabilidade de precipitación e co regreso dos ventos do nordés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable

A nubosidade en Galicia marcará a eclipse de 2026: isto é o que apuntan as previsións

Os modelos sitúan un escenario con claros en boa parte do territorio, aínda que a posición do anticiclón seguirá a ser determinante para evitar as nubes baixas

Galicia arrinca agosto cun descenso das temperaturas e máis risco de chuvias

As precipitacións superan o 50% de probabilidade ata o xoves no norte, mentres as Rías Baixas recuperarán temperaturas próximas aos 30ºC cara á fin de semana

O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo