Galicia concentrará case a metade da extensión eólica mariña con 2.114 quilómetros cadrados

O Goberno aproba catro polígonos na costa cantábrica e un quinto a 21 quilómetros da desembocadura do Miño

Galicia converterase no gran provedor de enerxía eólica mariña de España. Dos 19 polígonos autorizados este martes polo Consello de Ministros, que aprobou os primeiros plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), cinco sitúanse en Galicia, cunha superficie total de 2.114 quilómetros cadrados, o 43% do total.

Catro deses novos parques galegos situaranse na costa Cantábrica, e o quinto na desembocadura do río Miño. Este será o máis próximo á costa dos galegos, a apenas 21 quilómetros, e por tanto o que terá maior impacto visual, aínda que o seu tamaño será menor que o conxunto dos do norte de Galicia, con 117 quilómetros cadrados.

Publicidade

O Goberno especificou 19 zonas de alto potencial para o desenvolvemento de enerxía eólica no litoral español, repartidos en catro grandes áreas: a noratlántica, a levantina-balear, a canaria e a do Estreito e Alborán.

Liña recta de 21 quilómetros entre o parque do sur de Galicia e a desembocadura do Miño.

No conxunto da zona noratlántica, que inclúe toda á costa galega e cantábrica, proxéctanse até oito posibles espazos nos que se poderán instalar parques eólicos mariños. Ademáis dos cinco galegos, haberá outros tres fronte á costa asturiana. En total, as oito áreas noratlánticas suman case 2.700 quilómetros cadrados, máis da metade dos case 5.000 quilómetros cadrados onde o Goberno permitirá instalar eólica mariña en toda a costa española. Así mesmo, uns 2.350 quilómetros cadrados están na costa galega, na súa maioría no Cantábrico.

Publicidade

Neste sentido, o Ministerio subliñou que dos máis dun millón de quilómetros cadrados que se ordenan nestes novos plans, menos de 5.000 quilómetros cadrados recóllense como zonas de alto potencial para o desenvolvemento de eólica mariña. Isto significa un 0,46% do total.

Tamén explicou que estes plans teñen unha duración de seis anos, até decembro de 2027, polo que serán revisados para esa data.

Un dos parques do norte de Galicia, a 23 quilóetros da costa.
Un dos parques do norte de Galicia, a 23 quilómetros da costa.

O Consello de Ministros aprobou este martes o Real Decreto cos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo relativos á cinco demarcacións mariñas españolas: noratlántica, sudatlántica, do Estreito e Alborán, levantino-balear e canaria.

Segundo o Executivo, trátase dun instrumento “estratéxico transversal” que permite o aproveitamento “óptimo” do espazo marítimo, reducindo conflitos e potenciando coexistencias e sinerxías.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, advertiu que o Goberno galego non autorizará “ningún parque eólico mariño que poña en risco os recursos pesqueiros” e volveu lamentar que o Goberno central elaborase unha ordenación do espazo marítimo sen contar coa opinión de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O proxecto da UVigo que aposta pola pesca sostible do bonito a través da innovación

A iniciativa, liderada dende o País Vasco, promove prácticas pesqueiras responsables e respectuosas co medio ambiente

Galicia, o paraíso en disputa entre aves e eólica mariña

SEO/BirdLife advirte que as turbinas eólicas poden supoñer "un grave perigo nun dos corredores migratorios máis importantes do mundo”

‘Come san, come sostible’: o xogo da USC para aprender a coidar a saúde e o medio ambiente

Un equipo de Santiago deseña un novo recurso didáctico para alumnado de Primaria baseándose na alimentación e na pegada de carbono
00:00:16

A maioría dos ‘pellets’ xa alcanzaron a costa seis meses despois do accidente do ‘Toconao’

Un equipo de Canarias crea unha simulación da marea de bólas plásticas, que tamén chegaron a outras zonas do norte de España e ao oeste de Francia