Esta illa non existía hai catro anos, e xa está chea de vida

Hunga Tonga, xurdida dunha erupción volcánica no Pacífico Sur, naceu en 2015 e xa empezan a agromar plantas na súa superficie

A historia de Hunga Tonga é a do abraiante poder da naturaleza. En 2014 esta illa non existía, e a comezos de 2015, unha erupción volcánica acabou formando un montículo desde o fondo mariño que pasou por riba da superficie. As cinzas uniron dous illotes que xa existían previamente, formando unha única illa cun cono volcánico no centro.

E ata alí foron investigadores da NASA para estudala, xa que este tipo de formacións poden achegar detalles, pola súa semellanza, sobre antigos volcáns de Marte. Nos últimos 150 anos, só tres illas desde estilo emerxeron das augas; a máis famosa delas foi a de Surtsey, preto de Islandia, nos anos 60.

Publicidade

“Eramos como nenos cun xoguete entre as mans”, explicou o investigador do centro Goddard da NASA Dan Slayback. Mediante medicións con GPS e exploración con drones, recolleron datos para calcular as dimensións da isla e a súa evolución ao longo do tempo.

Os primeiros cálculos dos científicos apuntaban a que a erosión das ondas e a chuvia acabaría por destruír a illa, pero aconteceu algo inesperado. A dinámica que seguiron as cinzas fixo retroceder a liña de costa de Hunga Tonga nalgúns puntos, pero foron formándose outros bancos de area que compensaron estas perdas e actuaron como dique contra a erosión. As estimacións actuais xa apuntan a que a illa podería sobrevivir varias décadas. Con todo, os investigadores traballan arreo para recoller todos os datos posibles por se a illa se esvaece antes do que se pensa.

Publicidade

Aparece a vexetación

Porén, o máis abraiante co que se atoparon os investigadores cando chegaron a Hunga Tonga foi que apenas catro anos despois de emerxer, xa comezaba a haber vida. Agromaron xa algúns vexetais, posiblemente levados ata a illa por paxaros. E mesmo algunhas aves mariñas, como o carrán escuro (Onychoprion fuscatus), xa formaran niños nalgúns dos cantís da illa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira